arquivo
PROBANDO OS ESCORNABOT
Como teremos que programar o Escornabot para que lle de un bico a Nemo?
PROCESO DE ELABORACIÓN LIBRO DOS GATOS
Aquí vos deixamos as imaxes do proceso de creación do libro dos gatos. Este é un libro colaborativo feito polas tres clases de primeiro. Parbéns polo traballo a alumnado e mestres! Aumentamos os exemplares da Editorial Pingüi e apoiamos con materiais dende a biblioteca do centro.
TRÍPTICO DE VERÁN
Desfruta lendo!
GAÑADORES DO I CONCURSO "A AUGA NON PARA"
O pasado 1 de xuño o alumnado de 6ºB do noso centro proclamouse campión do I Concurso "A auga non para" organizado pola Empresa Emalcsa e a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Como premio tiveron saídas didácticas pola contorna coa oportunidade de coñecer lugares como a Aula da Natureza de Abegondo/Crendes, ruta ata o embalse de Cecebre e visita ao obsevatorio de aves e embalse de Beche, entre outras. Para máis información pódese visitar a páxina de EMALCSA. (picade no enlace para ver más imaxes)
Aquí vos deixamos algúns momentos desta actividade.
A EDITORIAL PINGÜI CHEGA AO CONCELLO
Xa se poden consultar algúns dos exemplares dos libros feitos dentro da Editorial Pingüi na Biblioteca Municipal.
FIN DE CURSO 17/18
Remata un curso máis cheo de risas e algunha que outra bágoa. Aquí vos deixamos algúns dos fenomenais momentos que vivimos no concerto de "AS MAIMIÑAS". Recordade que podedes atopar e levar para a casa os seus CD porque os temos na biblioteca.
BO VERÁ A TODOS E TODAS!