Skip to Content

Información as familias: probas de avaliación individualizada 3º

Estimadas familias:

Os días 23 e 24 de maio, segundo Resolución da Direccion Xeral de Educación, o alumnado de 3º de Primaria que acuda ao centro realizarán as probas de avaliación individualizada, nas cales se comprobará o grado de dominio das destrezas e habilidades en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas (competencia en comunicación lingüística e competencia matemática)

As familias tamén terán que cubrir un cuestionario en formato dixital ou poderán solicitalo en papel.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

01/03/2018 19:00

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Informámoslles que o vindeiro xoves 1 de MARZO ás 19:00 horas teremos unha XORNADA DE PORTAS ABERTAS, na que se terá a oportunidade de visitar o noso centro e as diferentes instalacións. Tamén teremos a oportunidade de coñecer os diferentes aspectos educativos.

ESCOLA DE PAIS E NAIS: Prevención e perigos no uso das novas tecnoloxías.

Estimadas familias:

Informámoslles que o vindeiro mércores 28 de febreiro ás 17 horas, tendremos unha nova charla, co tema: PREVENCIÓN E PERIGOS NO USO DAS TECNOLOXÍAS.

A charla será na sala de usos multiples.

Agardamos a vosa asistencia.

CONSUMO DE FROITA NA HORA DO RECREO

Estimadas familias:

Informámoslles que o noso centro está inscrito na Campaña de consumo de froita na edade infantil, entre os días 15 e o 28 de febreiro repartirase a todo o alumnado unha froita (unha diferente cada día) para tomar no tempo de lecer. Pedímoslles que o teñan en conta ao enviarlles a comida da media mañá.

ADMISIÓN DE ALUMNADO E RESERVA DE PRAZA EN CENTROS PÚBLICOS EN GALICIA PARA O CURSO 2018-2019

01/02/2018 09:00
15/02/2018 14:00

 

O 1 de febreiro iniciase o procedemento de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2018/2019.

 

  • Reserva de Praza para o centro de adscrición (alumnado de 6º EP que reserva praza para o IES Muralla Romana) do 1 ao 15 de febreiro. Presentarase no centro de orixe o formulario de solicitude, que se facilitará  na secretaría do centro e tamén está dispoñible na páxina web da Consellería de Educación (Anexo I)  A reserva de praza poderase realizar por internet na aplicación informática "admisión de alumnado": www.edu.xunta.es/admisionalumnado/  

 

  • Solicitude de admisión (alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil/alumnado primaria) do 1 ao 20 de marzo. Presentarase no centro o formulario de solicitude, que se facilitará  na secretaría do centro e tamén está dispoñible na páxina web da consellería de educación (Anexo II). A solicitude de admisión poderase realizar por internet na aplicación informática "admisión de alumnado": www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ . 

 

  • Formalización de matrícula en educación infantil e primaria do 20 ao 30 de xuño. Cubrirase o formulario Anexo III que se pode descargar da páxina web da consellería de educación ou solicitar na secretaría do centro.

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO

Admisión admitidas curso 2017-2018.

INFORMACIÓN XERAL DO CENTRO

No documento adxunto tes información xeral do centro

 

Abalar Móbil

O noso centro xa está activo no programa Abalar Móbil.

 

Contenido sindicado


by Dr. Radut