Skip to Content

Actividades extraescolares

A concellería de Educación e Difusión do Coñecemento do Concello de Lugo prestará o servizo de actividades extraescolares nos colexios públicos de infantil e primaria do concello.

Estas actividades lévanse a cabo trala finalización da xornada lectiva e o servizo de comedores.

Neste curso, ante a situación sanitaria, as actividades faranse de xeito telemático.

Así cada nena/o usuaria dará un correo electrónico onde recibirá o enlace para asistir. A plataforma, que é gratuíta, funciona en PC ou dispositivo móbil.

 

Para anotarse para o curso 20-21, selecciona a ficha adxunta do noso centro e envíaa cuberta a extraescolares@serviplus.org.

As actividades ofertadas son as seguintes:


 

Toda a información no seguinte enlace.

  

Aberto o prazo de solicitude das axudas para libros de texto e material escolar

As familias interesadas deberán presentar a solicitude até o 16 de setembro no rexistro xeral do concello, doutra administración pública ou por vía telemática.

Para realizar as solicitudes as persoas interesadas deberán presentar a solicitude e a documentación requirida no rexistro do Concello, preferentemente por vía telemática, presencialmente no concello, solicitando cita previa no 010 ou noutras administracións até o 16 de setembro.

 

http://concellodelugo.gal/gl/tramites/solicitude-de-axuda-para-material-escolar-no-segundo-ciclo-de-educacion-infantil-curso-2020

Listaxe de libros para o curso 2020/2021

Estimadas familias,

A continuación achegamos as listas de libros de texto para o curso 2020-2021 en Educación Infantil e Primaria (1º, 2º 3º, 4º, 5º e 6º).

IMPORTANTE 5º e 6º de EDUCACIÓN INFANTIL: Para o alumnado que xa estivo matriculado 4º e 5º en Educación Infantil no Centro, NON TEN que comprar o 1º trimestre de " Edelvives por proxectos Velo?".

Aberto prazo de formalización de Matrícula en Educación Infantil e Primaria 2020-2021

Informamos que o día 1 de xullo do 2020 ata o 10 de xullo, ábrese o prazo de formalización de matrícula para as ensinanzas en Educación Infantil e Primaria para o curso escolar 2019-2020.

PROCESO DE INSCRICIÓN DO COMEDOR ESCOLAR, Curso 2020/2021

Ábrese o prazo para as inscricións do servizo municipal de comedores escolares.

Adxúntase folla informativa, así como as fichas, tanto para inscrición (para usuarios novos, ou antigos que necesiten modificar datos), como para a renovación (usuarios que xa se rexistraron no servizo e gardan os mesmos datos persoais (nome, enderezo, teléfonos, correo electrónico, IBAN, etc.)

O prazo para presentar as solicitudes é entre o 15 de xuño e o 31 de xullo.

ADMISIÓN DE ALUMNADO. LISTAXES PROVISIONAIS CURSO 2020/2021

Xa está no taboleiro do Centro a publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos para o curso 2020/2021. 

Estas listaxes pódense consultar no centro ou telemáticamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave 365 ou o certificado dixital. 

O prazo de reclamacións dás listaxes estará aberto desde o 9 ata o 16 de xuño ás 13:00 na secretaría do centro en horario de 10:00 a 13:00. As reclamacións resolveranse coa publicación das listaxes definitivas. 

As listaxes definitivas publicaranse o 18 de xuño ás 14:00 h. A súa publicación comunicarase a través da web do centro. 

O prazo de matrícula será do 1 ó 10 de xullo.

5 DE XUÑO; DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 

   Hoxe celebramos o día internacional do medio ambiente, a variedade de alimentos que comemos,a auga que bebemos o clima que fai posible a vida no planeta non existirian sen os servizos da natureza.Por exemplo cada ano ,as plantas mariñas producen mais da metade do osíxeno da nosa atmosfera,e unha árbore e capaz de limpar o noso aire absorbendo 22kg de dióxido de carbono e liberando osíxeno a cambio,ainda así a maltratamos e por eso necesitamos traballar nela.

¿imaxínaste un mundo sen bosques?

 

PROTOCOLO NA ENTREGA DE MATERIAL

PROTOCOLO NA ENTREGA MATERIAL 

 

 

Chamarase pola orde da cita que deu o titor ou titora.

Solicitamos puntualidade.

No centro entrará unha persoa por familia.

A entrada realizarase pola porta principal e a saída pola porta que da ao patio.

A orde de entradas das familias será como o dos cursos:1º,2º e 3º pola esquerda 2º,4º e 6º pola dereita.

Acudir con mascarillas, seguindo o protocolo COVID.

Á entrada do Centro haberá un dispensador para desinfectar as mans e que débese utilizar.

 

 

 

 

PROTOCOLO NA ENTREGA SOLICITUDES LIBROS

 

Solicitaranse citas nos teléfonos:

 

982870429 - 982870430

 

Terán prioridade as persoas que solicitan cita. E os cursos que lles corresponde pola data:

 

 

As solicitudes telemáticas pódense facer durante todo o prazo de presentación.

 

Sen máis, un cordial saúdo e moitas grazas pola súa colaboración.

 

 

 

Marta Castro Girona

 

        Directora do CEIP Paradai

Lugo, 28 de maio de 2020

Axudas material adquisición de libros de texto e fondo libros. Aberto o prazo ata o 19/06

Achegamos información sobre e procedemento, un exemplo para poder cubrir a solicitude correctamente a axuda e formulario de axuda. 

Rogamos lean atentamente esta información. Calquera dúbida envien correo electrónico a ceip.paradai@edu.xunta.es ou no número 982870429. 

(Ver archivos adxuntos).

 

HORARIO DE ATENCIÓN:

De luns a venres de 10:00 h a 13:00 h. Para poder entregar as solicitudes no Centro, tense que pedir cita previa ao número 982.870.429.

Para organizar a entrega das solicitudes presenciais establécese o seguinte calendario:

Debido a situación de alerta sanitaria polo Covid-19  será obrigatorio o uso de mascarillas así como gardar a distancia de seguridade no acceso ao centro para evitar aglomeracións.

18 de maio, Día Internacional dos Museos

Coincidindo co Día Internacional dos Museos, este luns, 18 de maio, abren tamén as súas portas os museos de Galicia, ata un tercio da súa capacidade en cada un dos seus espazos públicos e salas.

Se non temos oportunidade de visitalos in situ, podemos facer unha visita virtual (3D) a algún deles.

Premer na imaxe para entrar na páxina web dos Museos de Galicia.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Achégase o DIA DAS LETRAS GALEGAS dedicado a Ricardo Carvalho Calero, e dende o Equipo de Dinamizaciòn Lingüística do CEIP PARADAI quixemos achegarvos à figura do homenaxeado deste ano por medio deste video.

 

 

E despois de ver o vídeo, anímaste a xogar neste  Kahoot!? Quen será o gañador?

RESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN

Estimadas familias:

Informámosvos sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacherelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.

Prazo de presentación de solicitudes de admisión:

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos ,polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma,de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

 

 

Para poder entregar as solicitudes no centro, tense que pedir cita previa ao número 982.870.429.

 


Adxuntamos o documento que ten que vir cuberto.

 

Podedes encontrar mais información no seguinte enlace.

https://www.edu.xunta.gal/portaldireccion/novas/novos-acordos-do-centro-de-coordinacion-operativa-da-situacion-de-emerxencia-sanitaria-no

Recomendacións para a saída do confinamento

Neste pequeno conto, explica ós máis pequenos como levar a saída do confinamento.

 

Unha sorpresa moi especial polo DÍA DO LIBRO

Hoxe é o DÍA DO LIBRO, e unha profe e unha mamá do cole prepararon unha sorpresa moi especial para todos nós. Estades preparados?

Primeiro, temos un conto xenial que xa algúns coñecedes: O coelliño branco

 

E agora, unha das aventuras do Gatiño Perico!

Esperamos que disfrutedes destes contacontos tan especiais!

Contenido sindicado


by Dr. Radut