Skip to Content

Magosto

 

Estimadas familias poñémonos en contacto convosco para informarvos sobre a celebración de Magosto no Centro:

1. Pedimos a vosa colaboración para que o alumnado traia un puñado de castañas asinadas. (Entregarase á/ó titor@ o 24-25 de outubro).

2. O mércores 30 de outubro, co gallo da celebración, o alumnado comeranse castañas asadas.

Un saúdo 

 

Horario entrada día 11 de setembro 2019

Estimadas familias, o horario de entrada o día 11 de setembro, será o seguinte:

- Alumnado de 6º de PRIMARIA__________________10:30

- Alumnado de 5º de PRIMARIA__________________11:00

- Alumnado de 4º de PRIMARIA__________________11:30

- Alumnado de 3º de PRIMARIA__________________12:00

- Alumnado de 1º e 2º de PRIMARIA______________12:30

- Alumnado de INFANTIL_______________________ 12:30

 

Ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º entregaráselle os libros de texto é o vale de material, unha vez entren os seus fillos ou fillas ao centro.

 

AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR DE INFANTIL

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 28 de AGOSTO ao 17 DE SETEMBRO DE 2019 (ámbolos dous inclusive).

LUGAR DE PRESENTACIÓN: Rexistro Xeral do Concello de Lugo ou calquera Rexistro de Administración Pública.

 http://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/27-08-2019.pdf#page=2

LIBROS DE TEXTO CURSO ESCOLAR 2019/20

Estimadas familias,

A continuación achegamos as listas de libros de texto para o curso 2019-2020 en Educación Infantil e Primaria (1º, 2º 3º, 4º, 5º e 6º):

Aberto prazo de formalización de Matrícula en Educación Infantil e Primaria 2019-2020

Informamos que o día 20 de xuño do 2019, ábrese o prazo de formalización de matrícula para as ensinanzas en Educación Infantil e Primaria para o curso escolar 2019-2020.

prazo de presentación de solicitudes comeza o día 1 de xuño e remata o 1 de xullo do 2019, ambos incluidos.

INFORMACIÓN SOBRE AS AXUDAS PARA A COMPRA DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

Prema no seguinte enlace para obter toda a información:

PROBA DE SEXTO

Estimadas familias:

Segundo a resolución do 12 de abril de 2019 pola que se ditan instrucións para a proba de avaliación de final de primaria de sexto curso de educación primaria (DOG do 3 de  maio de 2019). Informámoslles que o martes 28 de maio e o mércores 29 de maio desenvolveranse a avaliación final de educación primaria.

Esta avaliación terá carácter mostral e aplicarase ao alumnado matriculado en sexto curso de educación primaria nos centros docentes seleccionados ( o noso caso).

A avaliación final de educación primaria ten como finalidade comprobar o grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística, da competencia matemática e das competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, con vistas á mellora da calidade e da equidade do sistema educativo.

 

Lugo 21 de maio de 2019

 

A directora

 

Marta Castro Girona

PROBA DE TERCEIRO

Estimadas familias:

Segundo a resolución do 12 de abril de 2019 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria (DOG do 3 de  maio de 2019l). Informámoslles que o martes 28 de maio e o mércores 29 de maio desenvolveranse a avaliación individualizada de terceiro de educación primaria.

Esta avaliación terá carácter censual e aplicarase a todo o alumnado que no curso 2018/10 estea realizando terceiro curso de educación primaria.

Avaliarase a competencia en comunicación lingüística e a competencia matemática.

 

Lugo 21 de maio de 2019

 

A directora

Marta Castro Girona

A partir do 20 de xuño: Formalización de matrícula para infantil e primaria.

Estimadas familias:

Informámoslles que o prazo de matrícula do curso 2019/2020 será do 20 ao 30 de xuño.

Aberto o plazo de admisión

Para consultar horario de secretaria ticar aquí.

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS PÚBLICOS EN GALICIA PARA O CURSO 2019-2020 (Aberto do 1 ao 20 de Marzo)

Abrese o plazo de solicitude de admisión (alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil/alumnado primaria) do 1 ao 20 de marzo. 

Presentarase no centro o formulario de solicitude, que se facilitará  na secretaría do centro e tamén está dispoñible na páxina web da consellería de educación (Anexo II).

A solicitude de admisión poderase realizar por internet na aplicación informática "admisión de alumnado": 

www.edu.xunta.es/admisionalumnado/.

Xornada de portas abertas

Estimadas familias:

Informámoslles que o vindeiro xoves 28 de febreiro, en dúas quendas:

Ás 11:00 h da mañá e ás 17:00 horas da tarde.

Teremos unha XORNADA DE PORTAS ABERTAS, na que se terá a oportunidade de visitar o noso centro e as diferentes instalacións. Tamén teremos a oportunidade de coñecer os diferentes aspectos educativos.

Entroido

 

Estimadas familias:

Solicitamos a vosa colaboración para facer unha exposición no Entroido en referencia ao proxecto do Centro deste curso:

-Elaboración a partires de material de refugallo ( rolo de papel cociña, botes, botellas, rolo de papel hixiénico, pratos plástico,...)  de ANIMAIS ( carautas,antefaces,……). Entregarase á /ó titor@ na semana do 18  ao 22  de FEBREIRO)

 

Grazas pola vosa colaboración

Estimadas familias:

Solicitamos vuestra colaboración para hacer una exposición en el Carnaval en referencia al proyeccto de Centro de este curso:

-Elaboración a partir de material de deshecho ( rollo papel cocina, botellas, botes, rollo papel higiénico, platos plástico, corcho…) de ANIMALES ( caretas, antifaces,…). Se entregará al tutor@ en la semana del 18 al 22 de febrero.

 

Gracias por vuestra colaboración.

 

REPARTO DE LEITE NO RECREO

Estimadas familias:

Informámoslles que do 28 de xaneiro ao 22 de febreiro (catro semanas) está previsto o reparto dun brick de leite por alumno, para tomar antes do recreo.

Deberano ter en conta á hora de mandarlles a “merenda” de media mañá.

 Lembramos a norma do centro: Non está permitido traer alimentos que conteñan chocolate, bolería industrial, batidos, zumes…

 

REPARTO DE FROITA NO RECREO

Estimadas familias:

Informámoslles que do 25 de marzo ao 5 de abril (dúas semanas) está previsto o reparto dunha peza de froita fresca a cada alumno, para comer antes do recreo.

Deberano ter en conta á hora de mandarlles a “merenda” de media mañá.

Lembramos a norma do centro: Non está permitido traer alimentos que conteñan chocolate, bolería industrial, batidos, zumes…

Contenido sindicado


by Dr. Radut