Skip to Content

PROBA DE SEXTO

Estimadas familias:

Segundo a resolución do 12 de abril de 2019 pola que se ditan instrucións para a proba de avaliación de final de primaria de sexto curso de educación primaria (DOG do 3 de  maio de 2019). Informámoslles que o martes 28 de maio e o mércores 29 de maio desenvolveranse a avaliación final de educación primaria.

Esta avaliación terá carácter mostral e aplicarase ao alumnado matriculado en sexto curso de educación primaria nos centros docentes seleccionados ( o noso caso).

A avaliación final de educación primaria ten como finalidade comprobar o grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística, da competencia matemática e das competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, con vistas á mellora da calidade e da equidade do sistema educativo.

 

Lugo 21 de maio de 2019

 

A directora

 

Marta Castro Girona



blog | by Dr. Radut