Estimadas familias:
Segundo a resolución do 12 de abril de 2019 pola que se ditan instrucións para a proba de avaliación de final de primaria de sexto curso de educación primaria (DOG do 3 de maio de 2019). Informámoslles que o martes 28 de maio e o mércores 29 de maio desenvolveranse a avaliación final de educación primaria.
Esta avaliación terá carácter mostral e aplicarase ao alumnado matriculado en sexto curso de educación primaria nos centros docentes seleccionados ( o noso caso).
A avaliación final de educación primaria ten como finalidade comprobar o grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística, da competencia matemática e das competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, con vistas á mellora da calidade e da equidade do sistema educativo.
Lugo 21 de maio de 2019
A directora
Marta Castro Girona