Skip to Content

21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA

O domingo 21 de marzo celebrouse o Día Mundial da Poesía, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística e dar oportunidade a todas as linguas como medio de comunicación artística.

Este día trata de fomentar a tradición oral poética, apoiar ás pequenas editoriais e crear unha imaxe atractiva da poesía, fóra e dentro dos medios de comunicación, a través dunha forma diferente e sutil, mostrando ao lector a esencia da mensaxe.

Dende o centro, esta semana, estamos facendo actividades relacionadas co tema, promovendo a iniciación e o gusto pola poesía nos máis pequenos.

 

 

ENAPAS - CEIP "PARADAI"

Estimadas familias:

Informámosvos que o próximo 17 de marzo, no noso Centro, contaremos cunha charla a cargo das ENAPAS-CEIP PARADAI. Para poder acudir, é necesario pedir cita previa ao número 982 870 432, para control de aforo. Animámosvos a asistir!

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Estás interesado/a en coñecer o noso Centro?

Só tes que pedir unha cita previa e ensinarémoscho encantados.

( Con todas as medidas-COVID de seguridade )

COA FORZA DE ROSALÍA!

Cada ano, o 24 DE FEBREIRO, conmemoramos o DÍA DE ROSALÍA, a escritora galega máis representativa da nosa literatura, en permanente actualidade e cuxa obra trascende as fronteiras universais.

Agora, máis que nunca, debemos contaxiarnos da forza e da viveza dos seus cantares para proxectalos neste 2021, abrazando todo o bo que temos arredor, que sabemos que é moito, e impulsando a cultura para recuperar as cousas cotiás con ollos de ilusión.

 


 

Nota informativa

Estimadas familias:

Adxuntamos a seguinte nota informativa.

A Dirección

Marta Castro

 

Vacacións de Entroido

Estimadas familias:

Lembrámosvos que os días 15, 16 e 17 de febreiro, non haberá clase ao ser as vacacións correspondentes de ENTROIDO.

Cribado preventivo no Centro

 

Estimadas familias:

Comunicámoslles que se confirmou un brotre da Covid-19 no centro educativo ao que acode o seu fillo ou a súa filla. Tras realizar o estudo de contactos no Centro, NON foi identificado/ a como contacto estreito, polo que pode seguir realizando vida normal, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19. Realizarase unha proba de PCR preventiva ao seu fillo ou filla.

Pode consultar máis información no documento adxunto. 

 

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Quen é a muller misteriosa...?

Mañá descubriremos á Ciéntifica investigada.  

 

 

 

 

Kahoot DÍA DA PAZ

Despois de visitar o noso MAR DE PAZ, estades preparados para xogar ao kahoot? Os kahoots están ordenados por dificultade, só tedes que pulsar na peza de Lego.

RESERVA DE PRAZAS

 

Estimadas familias:

Adxúntase a INFORMACIÓN PÚBLICA sobre o proceso de ADMISIÓN DE ALUMNADO para o CURSO 2021/22.

 

DIA DO USUARIO/A DAS BIBLIOTECAS

O 11 de XANEIRO celebramos o DÍA DOS USUARIOS E USUARIAS  DAS BIBLIOTECAS. 

Durante esta semana temos programadas visitas á biblioteca do centro para todos os cursos onde explicaremos o seu funcionamento e curiosidades sobre o tema.

Aquí tedes algúns motivos polos que recomendamos asistir ás bibliotecas:

1. Fonte de información e coñecemento.

2. Lugar de lecer, creación, encontro e aprendizaxe.

3. Podemos dar renda solta a nosa imaxinación e ideas.

 

"En Exipto as bibliotecas eran chamadas `o tesouro da alma´. Nelas sanábase da ignorancia, a máis perigosa das enfermidades e a orixe de todas as demais".

Jacques-Bénigne Bossuet

Publicación listaxes axudas material escolar 2º ciclo Ed. Infantil

Listaxe definitiva de adxudicación de axudas para material escolar para familias con escasos recursos para segundo ciclo de educación infantil.

 

Exposición: https://www.lugo.gal/portal/tablonanuncios ou oficinas de educación

 

Lugar recollida: Oficinas da Concellería de Educación (C.S. Uxío Novoneyra, r/ Quiroga Ballesteros)

 

Horario: de 9 a 14h

 

A causa da situación sanitaria as/os solicitantes co primeiro apelido comece por unha letra do A ao L recollerán o vale en días impares (11, 13, 15, 19 ou 21) e os do M ao Z os pares (12, 14, 18, 20 ou 22).

Documentación precisa:

-Certificado escolar onde conste identificación da/o nena/o así como o centro e o curso.

-No caso de non recoller o vale o propio solicitante, deberá acompañarse dunha autorización deste e copia do dni.

 

Contenido sindicado


by Dr. Radut