Skip to Content

21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA

O domingo 21 de marzo celebrouse o Día Mundial da Poesía, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística e dar oportunidade a todas as linguas como medio de comunicación artística.

Este día trata de fomentar a tradición oral poética, apoiar ás pequenas editoriais e crear unha imaxe atractiva da poesía, fóra e dentro dos medios de comunicación, a través dunha forma diferente e sutil, mostrando ao lector a esencia da mensaxe.

Dende o centro, esta semana, estamos facendo actividades relacionadas co tema, promovendo a iniciación e o gusto pola poesía nos máis pequenos.

 

 



blog | by Dr. Radut