Skip to Content

Blog de rosana

Oficios en EI: Apicultores

En Educación Infantil, os nenos/as tiveron a oportunidade de coñecer o oficio de apicultor, contamos coa colaboracion dunha nai, explicando como se traballa na apicultura:

Os nenos de 6ºEI fixeron un mural das propiedades da mel:

 

Os nenos de 5º de Educación Infantil fixeron unha colmena e as abellas:

 

 

 

 

Os alumnos de 4º EI fixeron un panel de abellas:

E no entroido disfrazaronse de apicultores:

 

Exposición Día das Letras Galegas : aparellos de oficios tradicionais galegos.

Como actividade do Día das Letras Galegas, fixose unha exposición co material aportado polo profesorado e por familias do Centro de aparellos de oficios tradicionais galegos.
Pódese ver a exposición nesta pequena revista:
 


 
 
Moitas gracias a todos por participar!

Visita de 6º primaria ao Castro de Viladonga

Os alumnos de 6º de primaria visitaron o Castro de Viladonga:

 O primeiro en coñecer foi o MUSEO ARQUEOLÓXICO:

 Onde comezamos cun video explicativo do Castro:

 E despois unha competición de descubrimentos arqueolóxicos:

 

A continuación fixemos unha visita ao Castro, onde nos informaron dunha breve historia do descubrimento recente do Castro de Viladonga,  onde a excavación comezou no ano 1971, cando un agricultor atopou un "torque":

 

 

 

Tivemos a oportunidade de pasear pola muralla, que era defensiva e de protección cunha altura duns 5 metros de alto pola cara interior...

E de 12 metros na parte exterior...

Recentemente, próximo a muralla exterior, descubriuse espazos onde albergaban os animais máis grandes.

Tamén nos contaron que se descubriron xa 70.000 pedazos de cerámica:

Como cociñaban antigamente

E tivemos o privilexio de ver uns  líquenes fluorescentes que son unha especie en perigo de extinción:


 

Pasámolo moi ben!

Xogos romanos en 2º Primaria

No noso centro temos a oportunidade de aprender a xogar aos xogos romanos, e encántanos!

 

.

AVISOS IMPORTANTES

 

(ORDE DO 9 de maio de 2018 (DOG Nº95 de 21 de maio)

AXUDAS, FONDO LIBROS E MATERIAIS)

 

O prazo de solicitude remata o día 22 de xuño

 

1) RECOLLIDA DE LIBROS PRESTADOS EN FONDO 

2017/18:

OS DÍAS 19 ( 3º e 4º EP) e 20 (5º e 6º de EP) DE XUÑO

 

2) FONDO DE LIBROS/MATERIAL (3º, 4º, 5º e 6º):

- Listaxe provisional o día 3 de xullo

- Listaxe definitiva o día 6 de xullo

(Entrega dos LIBROS a primeira semana lectiva de setembro)

 

3) AXUDAS DE LIBROS E DE MATERIAL (1º e 2º):

-Entrega de VALES os días 4, 5 e 6 de xullo

 

.

Menús XUÑO

Menú XUÑO (pulsar na imaxe para ampliar)

XANTAR

Día das Letras Galegas.

O 16 de maio celebramos no centro o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, este ano adicado a María Victoria Moreno.

Comezamos cun recital dos alumnos de 3º sobre a autora:

 

 


E como sorpresa, descubrimos que o noso orientador Francisco Prado, foi alumno de María Victoria Moreno, a quen se lle addica este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

A continuación, disfrutamos dunha obra de teatro titulada "CLÍNICA: TODO É UN CONTO", dos alumnos e alumnas de 6º.

 

A sorpresa para os rapaces, foi que ... tiñamos a actuación do MAGO DEIMI!!!

 

Aquí uns poucos voluntarios:

E como remate final do día de celebracións, tivemos contancontos simultáneos, que eran dos propios pais e nais dos nosos alumnos,  en diferentes instalacións do centro:

- No patio azul, os alumnos de infantil:

 

- Na biblioteca, os nenos de 1º e 2º:

 - Os alumnos/as de 3º e 4º , na aula de música:

 - Os alumnos de 5º e 6º na sala de multiusos:

 

 

Os experimentos da auga de 5º infantil

Os nenos e nenas de 5º de infantil durante o segundo trimestre estivemos facendo o " PROXECTO DA AUGA".

Entre as moitas actividades que fixemos unha delas foron moitos experimentos onde puidemos observar, interactuar e aprender moitas cousas que xa veñen explicadas durante o vídeo.

Esperamos que vos gusten a todos, nós gozamos con eles.

 

Taller de estampación EI ata 4º

O día 8 de maio, os alumnos e alumnas de CEIP Paradai, disfrutaron dun taller de estampación, cos selos que troquelaron os rapaces e rapazas de 5 e 6, o día anterior ( podedes ver como o fixeron premendo aquí). 

Pasaron un día xenial estampando en tea, dende educación infantil ata 4º de Educación primaria.

Na seguinte foto podedes ver que ben o pasaron, e o resultado final:

 

E así comezamos a celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, dedicado este ano a MARÍA VICTORIA MORENO.

ESCOLA DE PAIS E NAIS: Unha alimentación equilibrada para unha vida máis saudable

Estimadas familias:

Informámoslles que o vindeiro mércores 9 de maio ás 17 horas, tendremos unha nova charla, co tema: Unha alimentación equilibrada para unha vida máis saudable.

Charla a cargo de Dra. Rosa Argüeso Armesto (ENDOCRINOLOXÍA).

A charla será na sala de usos multiples, na primeira planta do centro, o día 28 de Maio ás 17:00 h.

Agardamos a vosa asistencia.

 

Información as familias: probas de avaliación individualizada 3º

Estimadas familias:

Os días 23 e 24 de maio, segundo Resolución da Direccion Xeral de Educación, o alumnado de 3º de Primaria que acuda ao centro realizarán as probas de avaliación individualizada, nas cales se comprobará o grado de dominio das destrezas e habilidades en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas (competencia en comunicación lingüística e competencia matemática)

As familias tamén terán que cubrir un cuestionario en formato dixital ou poderán solicitalo en papel.

Día do libro en Educación Infantil: ORELLAS DE BOLBORETA

Todo o alumnado de Educación Infantil traballou o libro ORELLAS DE BOLBORETA (Editorial: S.L. KALANDRAKA EDITORA)

"-Mara é unha orelluda!
-Mamá, ti cres que son unha orelluda?
-Non filla, tes orellas de bolboreta.
-E como son as orellas de bolboreta?
-Pois son orellas que revoan na cabeza e pintan de cores as cousas feas.

Ter as orellas grandes, o pelo rebelde, ser alto ou baixo, fraco ou regordecho... Ata a característica máis nimia pode ser motivo de parodia entre os nenos. Cómpre un libro que lles demostre, tanto aos que dan como aos que reciben algún comentario despectivo, que eses comportamentos son reprobables. "

 

Cada clase fixo un debuxo traballando diferentes texturas, que finalmente empregamos para facer este fermoso fondo para fotos:  

 

 

 

 

 

Sementando espinacas

Continuando coa actividade do horto, os alumnos de 6 educación infantil, sementaron espinaca.

Primeiro traballaron en clase para coñecer a planta:

E despois sementaron:

 

 

 Nuns días poderemos ver o resultado.

Aprendemos unha canción, sobre as froitas e verduras, que nos sae así de ben:

 

Tenis de mesa

A pasada semana tivemos a oportunidade de ter unha "masterclass" de tenis de mesa, dentro do proxecto do centro CONTRATOS-PROGRAMA.
Con este proxecto búscase a prevención do abanono temperán e do absentismo escolar dos alumnos e alumnas motivándoos facendo deporte.

Nesta ocasión descobren o tenis de mesa:

 

Contenido sindicado


by Dr. Radut