Skip to Content

Blog de rosana

Obra de teatro O RESTAURANTE FARRUCO de 5ºA

O 29 de marzo, o alumnado de 5ºA, representou a obra O RESTAURANTE FARRUCO da autora Chus Pereiro na residencia da terceira idade. 

Un gran éxito que provocou moitas risas e aplausos. 

 

Obradoiro de xadrez en 3ºA

O día 2 de abril, tivemos un taller de xadrez.Pasámolo pipa!

O xadrez axúdanos a mellorar a capacidade de concentación e tamén o razoamento lóxico e a axilidade mental.

 

ACTIVIDADE NUTRICOLES INFANTIL

Hai uns días realizamos unha actividade co alumnado de Educación Infantil que dirixiu Natalia Hospido, Dietista- Nutricionista.

Seguindo un dos obxectivos do centro de fomentar o consumo de froitas e verduras, esta vez traballamos cos sentidos: olfacto e tacto para dar a coñecer froitas e/ou verduras de tempada.

 

Menú abril

Adxuntamos os menús de BASAL e ALMORZO do mes de Abril.

8 e Marzo: Día da muller

Que mellor xeito de celebrar o día da Muller que con estas representantes de todas as nenas do Centro ao pé do mural  deste ano. 

                  
                                                         Olladas de Futuro. 

O 8 de marzo , DÍA DA  MULLER acudiron ai Centro un grupo de nais.

 Querían falarnos da súa profesión e de como facían para conciliar a súa vida familiar.

Tiñan diferentes traballos: desde médica ou  apicultora ata monitora de ximnasio, contable, copropietaria dunha empresa de telecomunicacións...

... executiva, mestra,técnica de laboratorio, auxiliar de enfermería e xefa de distrito do medio rural. 

Todo foi moi ben:conseguiron engaiolarnos  coas súas experiencias! 

A verdade é que resultou ser unha charla moi amena !

 

Agradecemos moito a súa presencia e as súas palabras !

 Volvede cando queirades e grazas por compartir esto con nós !

Celebración do Entroido

Para a celebración do Entroido, a entrada do centro encheuse de máscaras feitas con material de refugallo que os nenos e nenas fixeran na casa coa súa familia:

  

E así quedaron expostas:

 

O día da festa, continuando co PROXECTO DE CURIOSIDADES DOS ANIMAIS, cada curso disfrazouse dos animais que lle correspondían.

  • En EDUCACIÓN INFANTIL os peixes:

Tivemos medusas:

Cangrexos: 

 

 Estrelas de mar:

  • Primeiro curso: as aves.

  • Segundo curso: os insectos:

  • Terceiro curso: os mamíferos.


 

  • Cuarto curso: anfibios e réptiles:

  • Quinto curso: extinguidos.

  • Sexto curso: marinos (non peixes nin mamíferos):

E finalizaron cun desfile e un ratiño de baile:

 

Semana da prensa

O alumnado da clase de 4A de Primaria celebraron a SEMANA da PRENSA.

 

semana da prensa

semana da prensa

Menú Marzo

Adxuntamos os menús de BASAL e ALMORZO do mes de Marzo.

 

Aberto o plazo de admisión

Para consultar horario de secretaria ticar aquí.

Xogos no patio exterior

Entre as melloras do centro este curso, atópanse os xogos no patio exterior, que axudan a mellorar a convivencia entre o alumnado.

Saímos na PRENSA: A humanización nos tempos de lecer

O luns 25 de febreiro saímos no xornal "El Progreso", falando sobre a libre elección dos nosos tempos de lecer no  cole.

E tamén na prensa dixital do Progreso (ticar na imaxe para ver o vídeo):

 

Literatura con Marica Campo

Queremos recomendarvos un libro dunha autora luguesa,Marica Campo,a quen tivemos a sorte de recibir no cole para charlar sobre  "Unha misión para Clara", que previamente leramos na aula.Gostamos moito !

i

Como trata moitos temas e de moita actualidade,como o dos eucaliptos ,e mestura fantasía e realidade,quixemos saber en que se inspirara á hora de escribilo  e fixemos bastantes preguntas.Ela contestaba encantada !

Foi unha actividade que aproveitamos moi ben e da que nos pareceu que debería haber máis .Moitas grazas a Marica Campo por vir ao noso Centro e tamén por escribir para nen@s !

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS PÚBLICOS EN GALICIA PARA O CURSO 2019-2020 (Aberto do 1 ao 20 de Marzo)

Abrese o plazo de solicitude de admisión (alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil/alumnado primaria) do 1 ao 20 de marzo. 

Presentarase no centro o formulario de solicitude, que se facilitará  na secretaría do centro e tamén está dispoñible na páxina web da consellería de educación (Anexo II).

A solicitude de admisión poderase realizar por internet na aplicación informática "admisión de alumnado": 

www.edu.xunta.es/admisionalumnado/.

Xornada de portas abertas

Estimadas familias:

Informámoslles que o vindeiro xoves 28 de febreiro, en dúas quendas:

Ás 11:00 h da mañá e ás 17:00 horas da tarde.

Teremos unha XORNADA DE PORTAS ABERTAS, na que se terá a oportunidade de visitar o noso centro e as diferentes instalacións. Tamén teremos a oportunidade de coñecer os diferentes aspectos educativos.

Contenido sindicado


by Dr. Radut