Skip to Content

Blog de rosana

Horario entrada día 11 de setembro 2019

Estimadas familias, o horario de entrada o día 11 de setembro, será o seguinte:

- Alumnado de 6º de PRIMARIA__________________10:30

- Alumnado de 5º de PRIMARIA__________________11:00

- Alumnado de 4º de PRIMARIA__________________11:30

- Alumnado de 3º de PRIMARIA__________________12:00

- Alumnado de 1º e 2º de PRIMARIA______________12:30

- Alumnado de INFANTIL_______________________ 12:30

 

Ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º entregaráselle os libros de texto é o vale de material, unha vez entren os seus fillos ou fillas ao centro.

 

AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR DE INFANTIL

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 28 de AGOSTO ao 17 DE SETEMBRO DE 2019 (ámbolos dous inclusive).

LUGAR DE PRESENTACIÓN: Rexistro Xeral do Concello de Lugo ou calquera Rexistro de Administración Pública.

 http://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/27-08-2019.pdf#page=2

LIBROS DE TEXTO CURSO ESCOLAR 2019/20

Estimadas familias,

A continuación achegamos as listas de libros de texto para o curso 2019-2020 en Educación Infantil e Primaria (1º, 2º 3º, 4º, 5º e 6º):

Excursión 6º PRIMARIA á Coruña

O alumnado de cuarto de primaria realizaron o pasado mércores, 14 de xuño, a excursión de fin de curso.

 

Gustoulles moito o Aquarium Finisterrae:

E visitaron o museo do Domus:

Proxecto peixes 5º INFANTIL

Os alumnos de educación infantil 5ºA-B (4 anos) ao longo do terceiro trimestre estivemos traballando co proxecto "Cociña e alimentos".
Preparamos pasta de sal. Coa pasta fixemos figuríñas moi chulas e tamén os peixiños dos que aprendemos algunhas curiosidades.
 

Revista escolar curso 2018/2019

 Para ler a revista prema na imaxe: 

 

O sabor da aventura está no mar

Os Arroases son unha cuadrilla de 7 nenos e nenas que coñecen moi ben a importancia de comer peixe. Cada un deles ten un "superpoder" unido a cada unha das especies que se repartiron no noso centro escolar no marco desta campaña (sardiña, xurelo, rodaballo, mexillón, troita, lirio, pescada).

Os nosos nenos de PRIMARIA aprenderon moitísimo dos Arroases:

Aprendemos moitísimo! Aquí vimos unha batea en pequeno:

 

e tamén xogamos:

 

Lugo máxico

O pasado 10 de maio tivemos un Lugo Máxico, co mago Javi Rufo, o alumnado de primeiro ata cuarto curso de primaria, gozaron dunha hora chea de maxia e risas.

 

 

 

A pesca dos peixiños

Os nenos e nenas de sexto estivemos a crear un xogo para os nen@s de primeriro.

 

Pareceunos moi interesante facer un xogo de pesca con imáns.

O primeiro que fixemos foi debuxar e recortar os noso peixes.

 

 

 

Aberto prazo de formalización de Matrícula en Educación Infantil e Primaria 2019-2020

Informamos que o día 20 de xuño do 2019, ábrese o prazo de formalización de matrícula para as ensinanzas en Educación Infantil e Primaria para o curso escolar 2019-2020.

prazo de presentación de solicitudes comeza o día 1 de xuño e remata o 1 de xullo do 2019, ambos incluidos.

5ºB Primaria, os dinosauros

O pasado marzo no entroido seguindo coas curiosidades dos animais, en 5ºB de PRIMARIA, traballaron os dinosauros:

Traballamos os animais extinguidos en 5ºA PRIMARIA

O pasado marzo celebramos o entroido centrándonos no proxecto que temos este curso : curiosidades dos animais.
En 5º de PRIMARIA estudan os animais extinguidos, e nestas imaxes pódense ver as diferentes especies que estudamos en 5ºA.

O megalodón e o mamut

Rá incubadora gástrica e Rá dourada (próxima a extinguir)

Bolboretas da madeira

 

 

Experimento 4º Infantil

O alumnado de 4 anos fixemos varios experimentos dentro do proxecto "Curiosidades dos animais" como por exemplo:

- Desalinización de auga de mar

- Visualización do ciclo da auga

- Elaboración de peixes para o noso pequeno acuario de aula.

Este é o resultado: 

 

Contenido sindicado


by Dr. Radut