Skip to Content

Blog de rosana

Visita do CLUB DEPORTIVO LUGO

No día de onte os xogadores do CLUB DEPORTIVO LUGO, compartiron connosco un tempo e visitaron todas as clases de Primaria:

Repartiron entradas a todos os rapaces, e o que máis ilusión fixo para os nenos foi a sinatura de autógrafos!

 

 

 

Moitas gracias pola visita CD Lugo!!!

 

 

 

Xogamos ao tenis

Esta semana achegámonos a coñece-lo o deporte do tenis todos os alumnos/as de Infantil e Primaria.

Nas seguintes imaxes podedes ver o ben que o pasaron!

Os alumnos de 4º e 1º:

 

 

 

Entroido - Abrimos as portas ao noso -

Neste curso, a temática para disfrazarse no centro era conxunta; tíñamos que vir disfrazados dos oficios ou profesións tradicionais de Galicia.

Planificouse que para cada día da semana trouxeran unha parte do mesmo:

Luns - algo nos pés

Martes - algo nos pés + algo no pescozo.

Mércores - algo nos pés + algo no pescozo + algo de medio corpo para arriba.

Xoves - algo nos pés + algo no pescozo + algo de medio corpo para arriba + algo nas pernas.

Venres - DISFRAZ COMPLETO.

 

Aproveitando que nas clases de Infantil traballamos os oficios, os rapaces disfrazaronse de:

En 4 º Infantil de APICULTORES:

 Os rapaces, coa colaboración dos pais/nais fixeron o seu disfraz:

 

Os de 5º de Infantil de COSTUREIRAS E XASTRES:

 

Os de 6º de infantil de Mariñeiros:

 

E xa en Primaria, tivemos diferentes disfraces:

O noso tratante de gando:

 Cociñeiros/as, policÍas...

 

 

 


 

Costureiras:

E tamén tivemos a visita das choriqueiras na clase de 6º Primaria:

 

Os alumnos/as de 2º disfrutaron dun tempo de pintar as súas máscaras de Entroido:

Finalmente, todo o centro, Infantil e Primaria, disfrutamos dun desfile:

 

E un tempo de baile:

 

CONTRATOS PROGRAMA

No noso centro CEIP PARADAI traballamos para lograr unha equidade e excelencia na educación, intentando desenvolver as capacidades de todo o alumnado conforme as súas posibilidades e circunstancias e, para iso, organizámonos planificando os recursos do centro e desenvolvendo as actuacións necesarias para lograr uns obxectivos concretos a o largo de este curso 2017/2018.

Para mellorar a calidade educativa, traballamos as competencias clave, especialmente:

  • A competencia matemática
  • A mellora da convivencia no centro
  • A prevención das desigualdades entre nenas e nenos.
  • Aprevención do abandono temperán e do absentismo escolar
  • e o logro da excelencia educativa.

Buscando como fin último, lograr unha educación de calidade para todo o alumnado, desenvolvendo ao máximo posible as potencialidades dos rapaces.

A continuación pódese ver un video resumo como traballamos CONTRATOS PROGRAMA:

 

 

 

 

 

ENTROIDO: Refraneiro galego

Entre todos os cursos solicitouse a colaboración das familias para que nos enviasen na plantilla que se axuntaba un refrán ou dito propio da nosa cultura galega que faga referencia ao Entroido, co fin de elaborar un Refraneiro galego, e este é parte do resultado:

 

Chegou a neve ao colexio

 

 

Os alumnos/as de Primaria de 3º, 4º e 6º, puideron disfrutar uns

minutiños da chegada da neve.

 

dÍA DE NEVE

 

 

    

En Infantil saíron moi abrigadiñ@s pisar e tocar a neve que callara

pola noite,e ... sabesdes que? Presta moito xogar así!

A ULLOA

Comezamos o noso plan Proxecta "Abrimos as portas ao noso" no mes de NOVEMBRO centrándonos na comarca da Ulloa, situada na zona central de Lugo.

Os alumnos dos diferentes cursos de todo o colexio traballaron en equipo investigando sobre dita comarca.

O resultado resúmese no seguinte mural:

 

 

Os nenos de 5ºA traballaron Feira de Santos:

 

 

 

No referente ás orixes, os alumnos de 3ºA, chegaron á seguinte conclusión:

 

Orixes da Ulloa

 

No apartado de Lendas e refráns, os alumnos de 2ºB, atoparon o seguinte:

 

 

 

Oficios e Tradicións: APICULTURA

No referente ao Plan Proxecta "ABRIMOS AS PORTAS AO NOSO" serán os nenos de EDUCACIÓN INFANTIL os que traballarán os OFICIOS E TRADICIÓNS.

Comezamos co oficio da APICULTURA. 

Os cursos de 6º EDUCACIÓN INFANTIL ( 5 anos A e B), plasmaron nun mural o aprendido sobre o ciclo produtivo do mel: Dende a súa recolleita ata o envasado.

 

Pódese ver as dúas clases xuntas amosando o seu traballo:

 

Tamén estudaron as diferentes propiedades da árnica como herba medicinal e as súas aplicacións.

Todo o explicado quedou reflectido no seguinte traballo seguindo estes pasos:

- Primeiro imprimimos un debuxo da planta e lle poñemos cor.

- Practicamos a lectoescritura: 

 

- Despois recortamos o texto e o poñemos bonito sobre unhas cartolinas:

E  traballan en equipo:

- E por último rematamos a composición cos últimos toques

 

 

PLAN PROXECTA curso 2017/2018

PLAN PROXECTA

Durante o curso 2017/2018, no noso centro CEIP PARADAI, participaremos no Plan Proxecta Etnografía e Medio Ambiente en Lugo, baseándonos no Proxecto didáctico Antonio Fraguas.

 

¿ Qué é Plan Proxecta?

É unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos Centros.

O Proxecto didáctico Antonio Fraguas, desenrólase no ámbito de normalización lingüística e patrimonio, e a súa definición, é fomentar a investigación sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico do contorno do centro CEIP PARADAI.

Ditos traballos están orientados á educación patrimonial, ao coñecemento da lingua e do medio e á valorización dos máis diversos elementos do noso acervo cultural.

O programa desenvolverase ao longo de todo o curso e estarán implicados todos os alumnos e alumnas dende 4º de Infantil ata 6º de Primaria.

O material é realizado integramente polos rapaces e rapazas, a través de proxectos de investigación.

Con base a todo isto, nace a idea de chamar ao noso proxecto "ABRIMOS AS PORTAS AO NOSO", donde os alumnos investigan toda a provincia de Lugo ó longo do curso

Empezaremos dicindo que este proxecto abrangue moitas áreas do currículo: Sociais (situación xeográfica das bisbarras correspondentes e a súa historia), Plástica, Lingua (expresión fundamentalmente escrita) mais tamén contribúe a dinamizar e a normalizar a Lingua Galega no eido do ensino urbano así como as TIC.

Unha vez organizado o traballo por trimestres e distribuídas en dez áreas delimitadas:

  • ULLOA
  • COUREL/ANCARES
  • TERRA CHÁ
  • FONSAGRADA
  • RIBEIRA SACRA
  • LUGO E CONTORNO
  • MARIÑA
  • LUGO
  • GUITIRIZ
  • SARRIA

 

De cada área, estudiarase os seguintes apartados:

                                            - Feiras.

                                            - Orixes.

                                            - Lendas e refráns.

                                            - Oficios e tradicións.

Debido á dificultade, o alumnado de educación infantil traballou todo o curso OFICIOS E TRADICIÓNS.

 

 
 
Contenido sindicado


by Dr. Radut