Skip to Content

Blogue de rosana

Inglés

Consultar os documentos adxuntos:

Educación Física

Consultar o documento adxunto:

Educación Musical

Consultar o documento adxunto:

5º Educación Primaria

Consultar os documentos adxuntos.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Achégase o DIA DAS LETRAS GALEGAS dedicado a Ricardo Carvalho Calero, e dende o Equipo de Dinamizaciòn Lingüística do CEIP PARADAI quixemos achegarvos à figura do homenaxeado deste ano por medio deste video.

 

 

E despois de ver o vídeo, anímaste a xogar neste  Kahoot!? Quen será o gañador?

Saímos na TVG!

Preme na seguinte imaxe:

CUALIFICACIÓNS 2º TRIMESTRE

Estimadas familias:

Podedes consultar as cualificacións do 2º trimestre na APP ABALARMÓBIL.

ADXUNTAMOS O MANUAL PARA AS FAMILIAS.

Semana do 30 de marzo o 3 de abril

Adxuntamos as diferentes actividades para esta semana.

As titoras Susana e Estrella.

AVISO ÁS FAMILIAS REFERENTE A 2ª AVALIACIÓN

 CEIP Paradai

Segundo as instruccións  da Consellería de Educación, nos vindeiros días levarase a cabo a avaliación do 2º trimestre.  Efectuarase coa información dispoñible a día 12 de marzo (data da interrupción das clases presenciais).

Estas cualificacións danse nunhas circunstancias excepcionais que fai que nalgunhas materias non se teña completado o proceso avaliativo, polo que deberá recurrirse a outro tipo de criterios como traballos entregados, aproveitamento en clase...  establecidos polos titores/as.

Lembrámoslles que a Avaliación é Continua, cumprindo as avaliacións intermedias unha función informativa para as familias.

Así mesmo, indicámoslles que teñen a súa disposición o servizo de Abalar Móbil para recibir notificacións no seu dispositivo electrónico, as cualificacións e outra información académica relativa ao alumnado.

É un bo momento para que instaledes dita app aquelas familias que ainda non a tedes (app store/google play).

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil

Traballo para a semana do 30 de marzo o 3 de abril

Adxuntamos un documento con traballo para estes días.

Semana do 30 de marzo o 3 de abril

Bo día a todas e a todos!

Dende a área de Educación Física para esta segunda semana preparámosvos unha variedade de tarefas divertidas que podedes realizar nas vosas casas para seguir aprendendo e mellorando a vosa saúde e calidade de vida.

As actividades están divididas por cursos para traballar e divertirse.

Animádevos a facelo en familia e xa veredes que ben o pasades. 

Estamos desexando veros pronto!

Un saúdo

Marta e Cristina .

 

Para 5º, 6º 

  1. Visionado do vídeo Informe Robinson Partido de Belgrado.

A continuación deíxovos o enlace dun vídeo que xa vimos en outra ocasión pero que me gustaría que vexades de novo contestando a posterior ás seguintes cuestións:

Preguntas: 

  • Que pensas que pretende transmitirnos o vídeo con esta experiencia?.

 

  • Cal pensas que foi o motivo polo que a xente de Fuenlabrada se volcou con este equipo?

  • Nomea 3 valores que precisou este equipo para seguir xogando ao baloncesto e acabar gañando a Copa de Europa.

Busca na rede outro exemplo onde o deporte servira como fonde de superación de adversidades.

Por último, reflexiona brevemente sobre a inutilidade das guerras e como lle afectan a millóns de persoas inocentes. Moitas veces as fronteiras entre países son a causa delas, outras intereses económicos, en outras ocasións as relixións... , 

  • Como pensas que pode cambiar o deporte estas situacións? Cal é a túa opinión sobre o tema.?

  1. Xogo interactivo de xadrez

Aquí vos deixo o link dunha páxina web de xogo interactivo contra o ordenador de xadrez. Tan só hai que rexistrarse cunha conta de correo electrónico para o que precisades das vosas familias.

Ademais tamén vos deixo o enlace dun manual coas regras básicas do xogo.

Animádevos a probar sorte, non é fácil gañarlle ao ordenador!! 

Enlace do xogo:  https://www.chess.com/es/register

Enlace coas normas: 

http://www.ajedrezdeataque.com/17%20Aprendizaje/Desde_cero/Desde_cero.pdf

 

  1. Coreografía de Bruno Mars

Aquí vos deixo aos nenos e nenas de 6º un vídeo para que fagades a vosa propia coreografía desta canción de Bruno Mars. O vídeo é tan só para que vexades ideas que podedes incorporar á vosa coreografía, non tedes que facelo igual. A canción chámase "24K Magic". Agardo que vos guste.

Aquí engado o enlace: 

Traballo da expresión corporal, da coordinación, da autoconfianza e da desinhibición.

 

  1. Práctica de malabares 

Enlace para elaborar pelotas de malabares: 

 

Enlace para traballar malabares con 3 pelotas: 

 

Para 3º, 4º

  1. Yoga 

 

  1. Baile

Rock and Roll: vídeo é tan só para que vexades ideas que podedes incorporar á vosa coreografía, non tedes que facelo igual. Aquí engado o enlace:

 

Para 1º, 2º

  1. Canción "Bailando"


 

Bailar esta canción na que faremos un repaso sobre os principais ósos dos noso corpo. Traballo de coñecemento do propio corpo a través dos principais ósos e expresión corporal.

 

  1. Conto "A lenda do arco da vella"

Ver e escoitar este conto sobre a multiculturalidade, que nos transmite a mensaxe de que ninguén é superior a ninguén. Traballo da igualdade entre as persoas e da non violencia.

 

  1. Xogos con vasos de plástico

Enlace de xogos con vasos de plástico :

 

Educación Infantil

 

  1. Xogo de saltos con papeis de cores.

Actividade na que podedes elaborar os materiais cos propios nen@s e posteriormente xogar. Non precisa de grandes espazos, polo que é viable realizala dentro da casa. Con esta actividade preténdese traballar a motricidade.

  1. O baile do movemento.

Con esta actividade proponse un baile no que se pretende tomar conciencia de diferentes partes corporais e o autocontrol. Incluso vos podedes unir o resto da familia.

 

  1. Canción "Lávate las manos".

Canción de "Los Lunnis" na que se fai fincapé na importancia do lavado das mans, traballando aspectos da hixiene corporal.

Tarefas na semana 30 de marzo o 3 de abril

Pinchade nos seguintes pdf que estan adxuntados. 

Operacións de repaso

Adxuntamos unhas actividades de cálculo matemático.

Xogamos? Kahoot das mulleres cientificas

Hai unhas semanas investigamos sobre mulleres científicas, cun Quiz. 

Pois preparamos un xogo, a ver quen acerta todas as preguntas!!!

Veña, animaros a facer o Kahoot das MULLERES CIENTIFICAS.

 

Teneis a información das Mulleres científicas no documento adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut