Skip to Content

Blogue de rosana

Festa de Nadal

A continuación un pequeno resume do día de hoxe, na que celebramos a chegada do Nadal con diferentes actividades:

20 Novembro - Día Internacional da Infancia

As mestras de Educación Infantil prepararon este fermoso video para a celebración dunha xornada especial para os nenos e nenas.
Día 20 de novembro- Dereitos dos nenos e nenas:

25N

O pasado 25 de Novembro todo o Centro traballou sobre o Día Contra a Violencia de Xénero. Todo o alumnado ( Educación Infantil e Educación Primaria) plasmaron as súas mans nun gran mural co lema UNIMOS AS NOSAS MANS! CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Pódese ver no vídeo seguinte:

Ademais en Educación Infantil traballaron con dúas historias moi bonitas e completárono con actividades moi divertidas.

Pódese ver no vídeo seguinte:

Día dos dereitos da Infancia Primeiro A

O alumnado de 1ºA de Educación Primaria fixeron estas bolas para celebrar o Día dos Dereitos da Infancia.

 

 

 

Samaín e Magosto

O pasado venres 29 de outubro celebramos no Centro Samaín e magosto.

Decoráronse as aulas e os corredores con esta temática:

O alumnado disfrazouse de pantasmas, bruxas, lobiscan e cabazas:

 

E chegou o momento que máis esperaban! O tren das castañas

 

E despois tivemos un tempo de xogo:

 

Inaguración da exposición filatélica do Centro

O pasado 26 de Novembro inaugurouse a exposición filatélica na entrada do noso Centro.

Tamén se entregaron os selos coa temática do Ceip Paradai e o premio ao alumno de 5º de Educación Primaria gañador do "concurso de selos"  realizado no mes de novembro.

 

Contamos coa visita das autoridades.

 

 

Lectoescritura en 1º de Educación Primaria

O alumnado de 1º de Primaria traballa a lectoescritura de maneira lúdica e divertida!

 

 

 

Exposición de vasoiras

A nosa exposición de vasoiras a partires de material de refugallo para celebrar o día do Samaín, xa a temos na entrada do noso Centro!

 

Vacacións de Semana Santa

Estimadas familias:

Informámoslles que as vacacións de Semana Santa son desde o venres 26 de marzo ao 5 de abril. Comezamos de novo as clases o martes 6 de abril.

Misterio en 2ºA Primaria

O alumnado de 2ºA participou nunha actividade de Matemáticas na que os alumnos e alumnas tiñan que resolver un misterio ocorrido na súa aula. Para iso, tiveron que recorrer os corredores do colexio en busca de pistas a través duns mapas e contar as baldosas para chegar a elas. 

 

 

 

Día da muller e a nena na ciencia - EI 5ºB

En infantil o día 11 de febreiro celebramos o día das mulleres ciéntificas con contos sobre  "Marie Courie" entre outras. E tamén estivemos facendo experimentos como: O arco da vella doce, o arco da vella líquido, creamos a choiva, o noso mar nunha botella, a erupción dos volcáns, esperiencias divertidas sobre o proxecto de aula: a ecolixía e a terrra... Pero tamén fixemos outros como inflar globos, guantes máxicos,pintura máxica... e decir, pasamos unha xornada investigando e explorando conceptos químicos e físicos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut