CEIP Paradai
Segundo as instruccións da Consellería de Educación, nos vindeiros días levarase a cabo a avaliación do 2º trimestre. Efectuarase coa información dispoñible a día 12 de marzo (data da interrupción das clases presenciais).
Estas cualificacións danse nunhas circunstancias excepcionais que fai que nalgunhas materias non se teña completado o proceso avaliativo, polo que deberá recurrirse a outro tipo de criterios como traballos entregados, aproveitamento en clase... establecidos polos titores/as.
Lembrámoslles que a Avaliación é Continua, cumprindo as avaliacións intermedias unha función informativa para as familias.
Así mesmo, indicámoslles que teñen a súa disposición o servizo de Abalar Móbil para recibir notificacións no seu dispositivo electrónico, as cualificacións e outra información académica relativa ao alumnado.
É un bo momento para que instaledes dita app aquelas familias que ainda non a tedes (app store/google play).
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil