Escolares

FESTA FIN DE CURSO DO COLE

Acabamos o curso 2023/24 cunha gran festa da auga e da escuma onde gozamos dun día de verán estupendo!

Non queremos pechar o curso sen despedirnos d@s nos@s alumn@s de 6ºEP desexándolles todo o mellor nos seus camiños. E dando a noraboa e a benvida a Primaria a@s pequen@s que remataron a etapa de Infantil.

BO VERÁN!!

I TORNEO DE XADREZ

O venres pasado celebrouse no noso cole o I Torneo de xadrez e foi todo un éxito de participación.

Noraboa a tod@s @s xogador@s!

Un aplauso para @os gañador@s!!

SAÍDA 4 ANOS - GRANXA KIRIKO

E xa para rematar coas excursións deste curso, amosámosvos o ben que o pasaron os e as peques de 4 anos na granxa escola Kiriko.

SAÍDA 5ºEP - PARLAMENTO DE GALICIA

Mentres no cole celebrabamos o día saudable, os mozos e mozas de 5º foron ata a capital a visitar e coñecer a historia do Parlamento Galego.

Aproveitaron a ocasión e tamén se desprazaron ata a Praza do Obradoiro para contemplar a catedral.

DÍA SAUDABLE

"Mens Sana in corpore sano" é o lema para o noso DÍA SAUDABLE co que damos fin ao noso proxecto de Ciencias do 3º trimestre "Seres Olímpicos" no que estudamos o corpo humano entre outros contidos.

Queremos que os nosos nenos e nenas saiban elexir un xeito de vida saudable, no que o deporte, os bos alimentos e as actividades culturais son a opción a elexir fronte outros hábitos perxudiciais, tanto para o corpo como para a mente.

Agora xa sabemos como chegar a ser olímpicos!

SAÍDA 4ºEP - AVENTURA DAKART

E mentres este pasado venres celebrabamos a Convivencia de Infantil no cole, os moz@s de 4º o pasaban de medo en Aventura Dakart en Sanxenxo!

XVI CONVIVENCIA EDUCACIÓN INFANTIL

E por fin chegou unha das datas máis agardadas: a CONVIVENCIA OLÍMPICA 2024, que xa vai pola súa 16ª edición.

Os nenos e nenas máis pequenos do cole gozaron dunha xornada de obradoiros, xogos, deportes olímpicos, inchables, exhibicións...

Moitas grazas a todas as nais e pais que estiveron colaborando e traballando a reo para que este día resultara xenial!

 

SAÍDA 5ºEP - ILLA DE ONS

O martes pasado os moz@s de 5º marcharon cara Bueu, onde colleron o barco que os levou á Illa de Ons.

Alí coñeceron a historia deste arquipélago que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Fixeron a ruta que leva ao faro, e co día tan solleiro que ía, ata probaron a auga e camiñaron sobre a fermosa area branca. Unha viaxe de luxo!

SAÍDA 1ºEP - CENTRO ACOUGO

Hoxe amosámosvos o ben que o pasaron os nen@s de 1º na súa saída do martes a Centro Acougo.

Desfrutaron dun día en plena natureza onde fixeron moitas actividades. Montaron en barca no lago do crocodilo, viron o refuxio dos duendes, construíron cabanas, deron de comer aos animais. descubriron as casiñas das fadas... un día marabilloso e inesquecible!

Distribuir contido