Skip to Content

Blogue de Pablo Sanchez

Herbario de 5º e 6º

Compartimos con todos vos o herbario que fixeron os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria. 

A importancia do herbario radica en ter representada e sistematizada parte da biodiversidade vexetal.

Abordar a confección dun herbario con nenos supón toda unha aventura para eles. Coñecer o mundo que nos rodea e especialmente a natureza predisponos a amala e respectala.

O herbario, é ademais dunha actividade de observación, recolección, procura de información, de sistematización, debería ser unha ferramenta de conexión coa natureza, na que os máis pequenos e non tan pequenos aprendan a importancia de respectar a nosa contorna natural e non romper o equilibrio que o sustenta.

Esperamos que vos guste!

Aprendemos as partes do corpo en Inglés

Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Infantil estiveron aprendendo distintas partes do corpo en Inglés. 

A continuación compartimos con todos vos, este fermoso vídeo, onde podemos ver o ben que se lles da o baile ao mesmo tempo que adquiren vocabulario en Inglés.

Esperamos que vos guste!

Nova zona de lectura na Biblioteca

Hoxe quedamos totalmente sorprendidos cando Camacho o ourizo cacho, recibiunos na Biblioteca con unha novo recuncho, cheo de Puffs para relaxarnos e desfrutar da lectura. 

Ademáis, dous armarios facilitan a colocación dos comics e nun caixón con rodas para poder gardar os xogos cooperativos que temos na biblioteca.

Moitas gracias Camacho!

 

Día das letras galegas 2021

No día de hoxe estivemos a celebrar con ledicia un día moi importante para todos e todas: o día das Letras Galegas 2021.

Na aula estivemos a recordar a vida e obra de Xela Arias, escritora, poeta e traductora, que neste ano convertiuse na muller á que se lle adica as letras galegas.  

Compartimos con todos vos, imaxes e vídeos de este fermoso día. 

No vídeo veredes a todos os alumnos e alumnas como interpretan o himno galego con lingua de signos. 

Pasamolo xenial!

Este ano celebramos os días de Aranga doutro xeito, pero igualmente divertido

Este 2021 tivemos que adaptarnos a convivir dun xeito distinto. Todos e todas esforzámonos moito para cumprir as medidas sanitarias establecidas. 

Todos os anos por estas datas desfrutábamos da festa do árbore e dos días festivos no Concello de Aranga. 

Este ano non puidemos celebralo como de costume, pero sen embargo, grazas a colaboración do Concello puidemos desfrutar dunha fermosa xornada de xogos populares no pavillón do centro; así coma unha fermosa actuación ca que todos e todas quedamos abraiados.

 

Aprendemos o Sistema Solar dun xeito divertido

Nestes días, os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria, estiveron a traballar dun xeito moi divertido o Sistema Solar

Os pequenos astronautas adentránose no espazo para coñecer o primeiro español que orbitou fóra da Terra, ademáis de coñecer todos os planetas e descubrir a importancia do Sol. Bkool

 

Coñecemos a Vivaldi dun xeito divertido

O alumando de Educación Infantil e Educación Primaria, estivo traballando  neste fermoso mural do compositor Antonio Vivaldi de forma colaborativa.

Traballaron diferentes aspectos da Educación Musical como: a escoita a activa discriminando os sons das diferentes estacións, traballaron o musicograma, a Historia da música aprendendo a vida e curiosidades do compositor, os instrumentos de corda fretada, etc.

Ademais relacionárono con outras materias como plástica a través dos debuxos que fixeron os nenos e nenas ou ciencias sociais coas estacións do ano.


Celebramos o día do libro

No día de hoxe, estivemos a celebrar o día do libro. Unha fermosa xornada, onde todo o centro desfrutou da lectura no pabillón do colexio. 

A lectura enriquece a nosa cultura, mellora a nosa linguaxe, desenvolve a capacidade de concentración e a memoria, estimula a imaxinación… son algúns dos moitos beneficios de fomentar o hábito da lectura nos máis pequenos.

Dende nenos é imprescindible fomentar nos nosos fillos o amor pola lectura. Unha tarefa que ás veces non resulta nada fácil debido á gran avalancha doutras actividades de lecer tecnolóxico que poden gustarlles máis.

Con todo, é fundamental concienciarnos dos beneficios que terá para o futuro dos nenos e nenas o feito de que desde que aprenden a ler, comecen a saber gozar e divertirse cun bo libro e fomenten así este proveitoso hábito.

 

 

Seguimos co Bádminton a voltas

Seguimos desfrutando de xornadas de bádminton, agora 3º e 4º de Educación Primaria. Compartimos con todos algunhas das imaxes da tarde de onte. 

Qué ben o pasamos!

Desfrutamos do Bádminton

O bádminton, considerado o deporte máis rápido do mundo; xa que o volante chegou a obter unha velocidade de 493 km/ h durante unha sesión de probas do fabricante de raquetas. 

 O bádminton é un deporte individual que podemos practicar tanto na súa modalidade de individual como de dobres, independentemente do sexo ou a idade.

É un deporte dinámico, ameno e moi rápido co que traballaremos tanto tren superior como inferior.

Con todo, debemos ser conscientes do gran traballo de lateralidad que realizamos co mesmo.

No día de hoxe, visitounos o club de bádminton CD Hydra, e estivemos a desfrutar dunha sesión de bádminton cos alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria. 

Distribuir contido


by Dr. Radut