Skip to Content

Coñecemos a Vivaldi dun xeito divertido

O alumando de Educación Infantil e Educación Primaria, estivo traballando  neste fermoso mural do compositor Antonio Vivaldi de forma colaborativa.

Traballaron diferentes aspectos da Educación Musical como: a escoita a activa discriminando os sons das diferentes estacións, traballaron o musicograma, a Historia da música aprendendo a vida e curiosidades do compositor, os instrumentos de corda fretada, etc.

Ademais relacionárono con outras materias como plástica a través dos debuxos que fixeron os nenos e nenas ou ciencias sociais coas estacións do ano.




blog | by Dr. Radut