Skip to Content

Blogue de Pablo Sanchez

Día dos dereitos dos nenos e nenas!

Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno o 20 de novembro, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959.

O alumnado de Educación Infantil estivo a conmemorar este día e prepararon fermosos debuxos. 

Aquí podedes ver algún deles.

Esperamos que vos gusten!

O CEIP A Castellana coa illa da Palma

Dende o CEIP A Castellana estivemos a facer debuxos para remitir aos nenos e nenas da illa da Palma polos feitos acontecidos co Volcán Cumbre Vieja.

Dende este centro enviamos todos os nosos ánimos e mellores desexos aos nenos e nenas da Palma. 

Esperamos que vos gusten estos fermosos debuxos que fixemos con tanto agarimo!

O fantástico mundo de Camille Saint-Saëns

Empezamos este novo curso 2021-2022, redecorando a porta da aula de Educación Musical.

Este ano, dende o área de Educación Musical, todo o alumnado do CEIP A Castellana, adentrarase no fantástico mundo de Camille Saint Saëns a través das súas principais obras:

 

“A danza Macabra” a cal foi representada como puidestes ver o pasado venres 29 de Outubro polo día do Samaín, e o “Entroido dos Animais”, onde os alumnos e alumnas aprenderán a través das diversas pezas desta obra, todo o relacionado coa música.

 

Para comezar con todo isto, os alumnas e alumnos de primeiro e segundo curso de educación primaria, quixeron facer un gran mural, co debuxo do compositor pintado con témperas.

  

Seguimos completando o noso gran mural coa axuda dos alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria. Neste caso escribiron a súa biografía.

 

Axudas para equipamento

O Concello de Aranga aproba unha nova convocatoria de axudas para a adquisición de equipamento informático e conexión de datos.

Dixido ás familias empadroadas no Concello de Aranga con alumnado matriculado nun centro docente no 2021.

Aquí poden consultarse as bases da convocatoria.

O Concello de Aranga informa que a partir de mañana, 4 de novembro, xa se poden solicitar as axudas para a adquisición de equipamiento informático e conexión de datos.

 

ℹ Más información: bit.ly/2ZNzimI

código descuento ok mobility

 

Calendario escolar 2024-2025

PERIODOS VACACIONAIS

Nadal: do 23 de decembro ao 7 de xaneiro de 2025 (ambos inclusive).

Entroido: 3, 4 e 5 de marzo de 2025

Semana Santa: dende o día 14 ata o 21 de abril de 2025 (ambos inclusive).

Outros días festivos e non lectivos: 1 de novembro (día de todos os santos) 6 de decembro (Día da Constitución), 1 de maio de 2025 (día do traballador).

Día solicitado polo Concello: pendente.

Día solicitado polo Colexiopendente.

 

Horario do centro

O horario lectivo do centro é de lunes a venres de 10:30 a 16:55. Os meses de xuño e setembro de 10:00 h a 14:50 h.

 

HORARIO DE XUÑO E SETEMBRO

1ª SESIÓN: 10:00 - 11:00 

2ª SESIÓN: 11:00 - 12:00

3ª SESIÓN: 12:00 - 13:00

RECREO: 13:00 - 13:30

4ª SESIÓN: 13:30 - 14:15

5ª SESIÓN: 14:15 - 14:50

COMEDOR: 14:50

 

HORARIO DE OUTUBRO A MAIO

1ª SESIÓN: 10:30 - 11:30 

2ª SESIÓN: 11:30 - 12:30

RECREO: 12:30 - 13:00

3ª SESIÓN: 13:00 - 13:45

COMEDOR E RECREO: 13:45 - 15:20

4ª SESIÓN: 15:20 - 16:15

5ª SESIÓN: 16:15 - 16:55

Localización

 

Aquí podedes ver onde nos atopamos, estamos na Castellana, dentro do fermoso Concello de Aranga. 

Mestres do centro

DIRECTOR DO CENTRO:

Jose Luis Pico Espiñeira

ceip.castellana@edu.xunta.gal

 -----------

CORPO DE MESTRES:

  • Mestra de 4º e 5º de Educación Infantil 

        Rocío Maciñeiras Abelleira

  • Mestra de 6º de Educación Infantil 

      Antía Bello Santos

  • Titor de 1º e 2º de Educación Primaria

Emilio Muñoz Pardo

Titora de 3º e 4º de Educación Primaria

Laura Vicente García

  • Titora de 5º e 6º de Educación Primaria

María José Blanco Fernández 

  • Especialista de Música

Emilio Muñoz Pardo

  • Especialista de Inglés

Laura Vicente García

  • Auxiliar de conversa

       Benjamin Danley Garibay

  • Especialista de Educación Física

Pablo Sánchez González 

  • Mestra de Audición e Linguaxe (compartida con outro centro)

Lucía Boga Rico

  • Mestra de Pedagoxía terapéutica (compartida con outro centro)

       María Iovanna López Eiroa

  • Mestra de Orientación

Paula Senra Abad 

  • Mestra de Relixión

Mª Raquel Fraga Pedreira

 

Nestes días de celebración do Samaín fixemos cousiñas terriblemente emocionantes...

Samaín, a orixe galega de Halloween que se antepon á festa americana Samaín provén do termo gaélico "samhain" que significaba "fin do verán" e precisamente era iso o que se celebraba: o cambio da estación cálida á fría e a finalización da recolección da colleita.   

Para os celtas, este día era o último do ano e chamábano "a noite dos calacús" (a noite das cabazas), data na que se abrían as portas do máis aló e os espíritos invadían por unhas horas o mundo dos vivos.

Dende esa época, xa se acendían fogueiras e e mostrábanse caveiras co fin espantalos.

Ao longo desta semana, aconteceron cousas terriblemente emocionantes coa chegada do Samaín. 

 

Os alumnos de Infantil non se coñecían coas súas máscaras e sen dúbida asustaron a máis de un polos pasillos do CEIP A Castellana. 

 

Ademáis, preparáronse moito dentro das aulas, co fin de espantar os malos espiritus, decorando fermosas cabazas. Tamén fixeron unhas manualidades de pantasmas.

 

Se todo isto fora pouco, se subimos á pranta superior do CEIP A Castellana, os alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria tiñan amenceron un día cunha porta que daba auténtico medo entrar. De feito, case todos entrabamos pola segunda porta polo que puidera pasar...

 

 

 

Pero unha vez dentro, podíamos ver a clase chea de horripilantes adornos de Samaín...

 

 

 

Os alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria tamén amenceron con pantasmas! O pasillo que daba medo!

 

Antes de entrar na aula de 5º e 6º apareceron unhos cuadros siniestros en tres dimensións partindo dun poema chamado "a noite dos mortos"...

Os alumnos de 5º e 6º foron moi atrevidos recitando o poema, aquí os podedes ver:

 

Aquí compartimos algunha fotografía a maiores, ainda que recordade que podedes atopar máis fotos no apartado de galería.

 

Se todo isto fora pouco, para poñer a guinda ao pastel, todos os nenos e nenas do CEIP A Castellana, fixemos un fermoso baile para conmemorar esta festividade tan nosa que sen dúbida desfrutamos ao longo de toda esta semana. 

Esperamos que vos guste!

 

Estamos en forma!

No día de onte, na clase de Educación Física estivemos a facer un circuito co que acabamos moi cansados pero pasámolo moi ben!

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria, estiveron a mellorar a súa coordinación e as capacidades físicas básicas cun circuito moi variado. 

Distribuir contido


by Dr. Radut