Skip to Content

Blogue de Pablo Sanchez

Días NON lectivos

Estimadas familias:

recordamos que o vindeiro 16 de maio (festivo escollido polo Consello Escolar) e 17 de maio (día das Letras Galegas) non habrá colexio ao ser días NON lectivos.

Cordialmente, o director.

Poden consultar premendo neste enlace o Calendario Escolar restante. 

 

Aprendemos o ciclo da vida dun ovíparo en Educación Infantil

En educación infantil do CEIP A Castellana estivemos estudando de forma práctica o ciclo de vida dun ovíparo.

As mestras de Educación Infantil coa axuda da mestra de Inglés, estiveron a instalar unha incubadora para poder ver o proceso de nacemento dun pitiño.

A finalidade é que os alumnos coñezan o nacemento dun pitiño e os procesos polos que pasa ata chegar a rachar o cascarón.

Esta actividade facilita unha aprendizaxe significativa e fomenta unha experiencia de tratar cun ser vivo para adquirir habilidades e sensibilidade cara os animais e seres vivos.

Os alumnos e alumnas aprenderán nas vindeiras semanas, como nacen e se crían os pitiños. 

 

Canto nos rimos no día de hoxe!

No día de hoxe, estivemos a celebrar a festividade local e grazas o Concello de Aranga, puidemos gozar funha fermosa xornada de humor coa presenza de Circanelo.

A risa é un excelente relaxante muscular e liberador de tensións, fortalece o corazón e o sistema inmunolóxico.

Cando os nosos pequenos e pequenas están a rin están a xerar  endorfinas, provocando sensacións de pracer e de benestar.

A risa ademais de segregar a hormona da felicidade ten moitos beneficios a nivel cognitivo, social e emocional. Que bonito é escoitar a risa dos nenos. 

Compartimos con vos un anaco desta tarde! Cánto nos rimos e que ben o pasamos!

Pasámolo en grande movendo o noso esqueleto!

Inculcar aos nenos/as a práctica regular de exercicio físico desde moi pequenos, non só favorece o seu desenvolvemento físico e cognitivo, senón que lles achega outros beneficios importantes a curto, medio e longo prazo.

Non cabe dúbida de que os nenos que practican algún tipo de deporte son en xeral máis sans, felices e teñen mellor rendemento académico.

  • Se practican algún deporte, aprenden a seguir regras e a crear hábitos.
  • Se  socializan e melloran as súas habilidades para relacionarse.
  • Aumentan as súas habilidades motoras.
  • Favorece o seu desenvolvemento físico, co crecemento dos seus ósos e músculos.
  • Dormen mellor.
  • Afástalles do sedentarismo, reducindo o tempo que dedican á televisión e os videoxogos.
  • Son máis sans, pois a práctica regular exercicio físico achégalles os mesmos beneficios para o organismo que aos adultos.

Compartimos con todos vos, un vídeo dunha fermosa xornada de Educación Física no exterior do pabillón. Canto movemos o noso esqueleto e que ben o pasamos! 

Día do libro no CEIP A Castellana

No día de hoxe estivemos a celebrar o día do libro.

A lectura axuda aos nenos para desenvolver a súa imaxinación e a aprender sobre o mundo que lles rodea; ademais, mellora o seu vocabulario, a súa riqueza lingüística, a súa memoria e a súa concentración, o que contribúe a unha maior axilidade mental e ao aumento da súa cultura, beneficiándoos academicamente. 

Poñamos un libro nas nosas vidas!

Compartimos con todos vos os comics que estivemos a facer no día de hoxe. Quedaron moi fermosos!

Días non lectivos

Recordamos que na marxe esquerda da páxina web, no apartado "Calendario Escolar" poden consultar os períodos vacacionais así como aqueles días non lectivos. 

Recordamos que no vindeiro mes de abril, teremos o periodo vacacional correspondente á Semana Santa, que vai dende o 11 ata o 18 de abril (ambos inclusive). 

Xogamos, corremos e pensamos!

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria estiveron a xogar ao tres en raia ao mesmo tempo que traballabamos as capacidades físicas básicas na área de Educación Física. 

Fomentamos ao mesmo o traballo en equipo e a cooperación. 

 

Apoio a Ucrania dende o CEIP A Castellana

Dende o CEIP A Castellana e no nome da asociación AGA Ucrania queremos agradecer a toda a Comunidade Educativa pola excelente acollida desta iniciativa e por todo o material doado a este país, que por desgraza, está pasando por uns duros momentos. 

A solidariedade é unha virtude porque a través dela mostrámonos unidos a outras persoas, hoxe dende Aranga queremos mostrar a nosa solidariedade co pobo ucraniano. 

Máscaras no entorno educativo

Estimadas familias,

Queremos comunicar que segundo as indicacións tomadas polo subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola COVID19, poderase deixar de facer uso das máscaras nos patios exteriores ao aire libre e dende o 20 de abril, tamén se poderán deixar de empregar en interiores.

Aqueles alumnos/as que queiran continuar facendo uso da máscara en exteriores ou interiores podrán facelo se o desexan de xeito totalmente voluntario.

Pero queremos recordar que dende hoxe non é obrigatorio empregala.

Gracias pola colaboración.

Continuamos coa transformación dixital!

As TIC son ferramentas que fortalecen o ensino e a aprendizaxe, así como aumentan as oportunidades para acceder ao coñecemento, desenvolver habilidades colaborativas e inculcar valores positivos aos estudantes.

Sen dúbida, as Tecnoloxías da Información e Comunicación viñeron para quedar. Entre os múltiples beneficios que achegan á educación, as TIC están a axudar a transformar o ensino e a forma de relacionarse nas aulas de alumnos e profesores.

  • Facilitan a comprensión.
  • Fomentan a alfabetización dixital e audiovisual.
  • Aumentan a autonomía do estudante.
  • Axudan a desenvolver un maior pensamento crítico.
  • Flexibilizan o ensino.
  • Axilizan a comunicación entre toda a comunidade educativa.
  • Incrementan a motivación.
  • Aproveitan máis o tempo en clase.

Hoxe queremos agradecer enormemente a colaboración da ANPA e do Concello de Aranga, pola cesión de dúas pizarras dixitais e respectivos proxectores para as Aulas de Educación Infantil e 3º e 4º de Educación Primaria. 

Distribuir contido


by Dr. Radut