Skip to Content

Blogue de Pablo Sanchez

Vale adicional de material 25€

As familias beneficiarias do vale da Xunta para a compra de material escolar poden recoller o cheque adicional este xoves 20 de outubro na dirección do centro educativo. En horario de 11:00 a 12:00 horas da mañá. 

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución que amplía as axudas para adquirir material escolar, a través da que os máis de 90.000 alumnos que xa recibiron 50€ obterán agora outros 25€ sen facer ningún trámite adicional.

Non é necesario ningún trámite e xa comunicamos de forma privada por Abalar ás familias que precisan vir. 

Dito vale deberá empregar antes do día 1 de decembro de 2022.

Grazas pola colaboración.

Xogamos en equipo a Derrubar as Torres!

Compartimos con vos un xogo de colaboración - oposición co que o pasamos en grande no pabillón. 

Fomentamos o traballo en equipo, resolución de problemas, toma decisións, liderazgo, orientación espacial, coordinación óculo manual... e un sin fin de valores como o respecto polo contrario, ou a aceptación da derrota e da victoria. 

Neste xogo desfrutamos moito; todos participamos e aportamos para acadar un obxectivo común.

Sen dúbida, pasámolo en grande!

Aprendemos as minúsculas con tarxetas do outono!

No día de hoxe, os alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria, estivemos a aprender as minúsculas cunhas tarxetas de Outono moi fermosas. 

Puidemos aprender diferente vocabulario desta fermosa época do ano.

Libros de Marian Rojas

 

Corre corre, cabaciña!

O alumnado de Educación Infantil superou con moito éxito o primeiro mes de cole! Neste tempo coñeceron novos compañeiros/as, reencontráronse cos seus amigos/as e, sobre todo, xogaron, gozaron e axudáronse moito.

Froito desta colaboración e traballo en equipo, e co obxectivo de darlle a benvida ao outono e achegarse pouco a pouco ao Samaín, elaboraron o audioconto de "Corre corre, cabaciña"... ilustrado cos seus propios debuxos! Están feitos uns/unhas artistas!

Por aquí vos deixamos a proba! Agardamos que vos guste!

Xogos cooperativos en EF!

Os xogos cooperativos son moi importantes porque axudan a que os nenos e nenas confíen nas súas aptitudes e coñecementos e a colaborar coas demais persoas para conseguir un obxectivo común.

Ademais abandonan o individualismo e a competición facendo que o neno constrúa unha relación social positiva cos demais, que mellore a cooperación e participación.

Todo isto favorece a aprendizaxe, diversión e fai que non haxa discriminación entre eles, polo que é importante que se utilicen xogos cooperativos no ámbito educativo.

Compartimos con todos vos, unhos xogos cooperativos que fixeron os alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria na área de Educación Física.

Aprendemos xogando!

Hoxe compartimos con vos unha xornada de aprendizaxe cos alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria na Biblioteca. 

Puidemos formar palabras e desfrutar dunha xornada de lectura coa nosa mascota Camacho o Ourizo Cacho.

 

Os nosos libros antigos!

Gardas algún libro dos teus primeiros anos?

Quizais algún daqueles de cartón duro cos que aprendiches a nomear animais, plantas, formas...

E a túa familia, que libros ten pola casa? Con este traballo, os alumnos e alumnas de 5º e 6º puideron descubrir auténticas xoias coas que van a gozar moito.

Pareabéns nenos e nenas.

Desfrutamos en cada recuncho!

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria móstrannos as súas habilidades neste circuito dinámico e variado, no que se traballan capacidades físicas básicas e aspectos tan importantes nestas idades coma o equilibrio ou a coordinación.

Esperamos que vos guste!

A verdade e que están feitos unhos campións e campioas!

Instrucións para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023

Publícanse as Instrucións conxuntas do 5 de setembro de 2022 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade e da Consellería de Sanidade ao respecto das recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023.

 

>> Ver Instruccións.

Instalación da Aplicación Abalar móbil

Queremos dar un aviso importante para as familias que teñan nenos/as que se incorporen en 3 anos (4º de Educación Infantil).

Coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, e recomendable que descargedes a APP abalarMóbil.

Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. 

Será coma o ano pasado, a vía de comunicación prioritaria entre mestres e pais/nais. 

A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Google Play Store (se o sistema operativo é Android). Premendo na imaxe inferior xa accederedes á descarga.

 

              

          

Ademáis, compartimos con vos un pequeno videotutorial para facilitar a instalación.

 

 

 

As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer (cando menos) das seguintes funcionalidades: 

  • Acceder aos datos persoais
  • Consultar as cualificacións
  • Solicitar unha cita de titoría
  • Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
  • Consultar as incidencias creadas polo profesorado
  • Acceder á mensaxería de abalarMóbil, que é unha nova funcionalidade que tén como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e os responsables do alumnado, ou entre o profesorado e este.

 

*NOTA: Se algún pai/nai tivera algún problema coa instalación da Aplicación, non dubidedes en contactar con nos por chamada ou correo electrónico e solventaremos a incidencia na maior brevidade de tempo: 

ceip.castellana@edu.xunta.gal

 

Distribuir contido


by Dr. Radut