Skip to Content

Blogue de Pablo Sanchez

Iniciativa de axuda á Ucraína

Estimadas familias,

Dende o colexio queremos iniciar unha campaña solidaria e voluntaria co fin de axudar a poboación de Ucraína.

Para isto, colaboraremos coa asociación AGA-UCRAÍNA, a Asociación Galega de axuda á Ucraína.

A entrega voluntaria de dito material farase no centro educativo, accedendo pola porta principal do colexio.

O horario de entrega será de 11:00 a 12:00 horas da mañá, dende o luns 21 ao venres 25 de marzo (ambos inclusive).

A entrega do material farase exclusivamente por adultos.

Na imaxe adxunta poderán visualizar que elementos se poden doar.

 

VER IMAXE EN TAMAÑO COMPLETO 

VER EN TAMAÑO COMPLETO

 Calquera dúbida poden chamar ao centro educativo.

 

Grazas pola colaboración.

Metémonos nos papel!

Tense a idea de que o teatro é unha actividade case profesional, tanto para os adultos como para os nenos que o fan.

Isto non é do todo certo, xa que o teatro en nenos é unha maneira de xogar e divertirse que pode traer moitos beneficios.

  • Mellora a súa creatividade co desenvolvemento de novas historias
  • Axúdalles a relacionarse cos demais nenos
  • Desenvolve a súa capacidade de expresión, tanto a nivel verbal como corporal
  • Estimula a súa memoria, xa que lles fai reter textos

Compartimos con vos dúas escenas que fixeron os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria.

Fixádevos que artistas están feitos!

 

Coñecemos os perigos das Redes Sociais

Cando se usan de forma adecuada e con coñecemento dos perigos e riscos que poden entrañar, usar redes sociais non ten por que ser unha actividade negativa.

Con todo, non todos os nenos e adolescentes son conscientes destas ameazas, ás veces pola súa mocidade, ás veces por crecer nunha contorna onde as redes sociais sempre estiveron presentes e cren saber todo o que necesitan sobre elas.

No día de onte tivemos a sorte de presenciar unha charla didáctica e práctica dos perigos das redes sociais para nenos e adolescentes e unha serie de consellos para que poidan seguir usándoas con maior seguridade.

Moitas grazas ao Concello de Aranga pola colaboración nesta actividade.

O Entroido dos animais

Este ano, no CEIP A Castellana, estivemos a traballar o Entroido de xeito multidisciplinar aproveitando o aprendizaxe en música do compositor romántico francés Camille Saint - Saëns. 

Os alumnos e alumnas de todo o colexio bailaron O Entroido dos Animais e o Desfile dos leóns. 

O Entroido dos animais (en francés: Le carnaval des animaux) é unha suite musical en 14 movementos composta en 1886. 

A continuación deixamosvos o vídeo onde poderedes ver a fermosa actuación que fixeron estes grandes artístas. 

Agradecemos a colaboración de todos os pais/nais na elaboración dos disfraces. 

Esperamos que vos guste moito!

 

 

 

 

O bádminton, un deporte rápido e moi completo

O bádminton é un deporte de raqueta coa mesma dinámica que o tenis pero con moitas diferenzas que se converten en vantaxes.

Para empezar, tanto a raqueta de bádminton como o volante ou pluma que se utiliza son moito máis lixeiros que unha raqueta ou unha pelota de tenis, polo que o impacto non afecta o desenvolvemento das articulacións dos nenos. 

  • Un dos beneficios máis evidentes do bádminton é o desenvolvemento de certas habilidades nos nenos, como a agudeza visual, a axilidade e a rapidez de reflexos, todas elas imprescindibles durante o xogo.
  • A orientación, a percepción do espazo e a gravidade, pero tamén o equilibrio e a coordinación son outras das habilidades que se potencian coa práctica do bádminton.
  • Ademais, trátase dun deporte onde a resistencia é tan fundamental como a velocidade, polo que os nenos afaranse ao esforzo físico e vénlles moi ben se no futuro elixen calquera outro deporte. Se ademais engadimos a mellora da psicomotricidade infantil e o bo desenvolvemento muscular, podemos converter ao bádminton nun dos deportes ideais para nenos de calquera idade.

Pero non só atopamos beneficios físicos na práctica do bádminton.

Estamos ante un dos deportes que máis gustan aos nenos porque é moi dinámico e divertido e en ocasións pódese practicar ao aire libre.

O bádminton pode ser un excelente remedio para a ansiedade polo gasto de enerxía que xera e pola rapidez que require nos movementos.

 

 

O Pingüino Filipino chega ata A Castellana

Os alumnos e alumnas de Educación Infantil estiveron a traballar a importancia do coidado do medio ambiente coa inclusión dunha nova mascota: o pingüino Filipino. 

Desde fai un tempo, os alumnos e alumnas puideron apadriñar un pingüino real da Antártida, grazas a colaboración e á implicación de David e das mestras de Educación Infantil. 

 

 

Do mesmo xeito queremos agradecer enormemente a todas as familias por colaborar, elaborando un fermoso lugar en donde todos e todas nos acordamos do noso pingüino Filipino. 

 

 

Dende este proxecto, traballouse de forma transversal a educación en valores, as emocións e a importancia do coidado do medio ambiente. 

Compartimos con vos algunhas das imaxes do pingüino, que nos puido pasar David dende o Polo Sur.

 

Irémosvos informando das novas que acontenzan sobre o noso bo amigo Filipino.

 

 

Celebramos o Día da Paz!

Cada 30 de xaneiro lembramos en todos os centros educativos a importancia de vivir nun mundo en paz.

É un dereito da infancia e de toda a humanidade.

Ao longo da historia, a humanidade creou diferentes símbolos para representar a paz: a bandeira branca, as ramas de oliveira, a pomba...

Para que a paz sexa algo máis que un símbolo, debemos traballar cada día en facela realidade. Dende o CEIP A Castelá estivemos a conmemorar o Día da Paz con este fermoso mural que podemos atopar na entrada do colexio.

Todos os alumnos e alumnas, desde Infantil a Primaria participaron para elaborar dito mural.

Cabe destacar que a paz é previr as diversas formas de violencia, promovendo correntes de opinión a favor do compromiso de todas e todos coa paz.

A Paz é fortalecer os valores da convivencia social, o respecto ás leis e aos dereitos humanos; a Paz é a práctica da democracia e a xustiza.

Vivamos nun mundo con paz e tolerancia!

Código descuento augusta eco wellness resort

 

Desfrutamos da actividade física no exterior!

Realizar exercicio ao aire libre ten múltiples beneficios que van máis aló dos que pode achegar en interiores. Ademáis de facer a práctica máis segura nos tempos actuais.

E é que estudos científicos demostraron maiores beneficios en  nenos/as sobre o benestar, autoestima e motivación. Facer actividade física aproximadamente 30 minutos ao día ao aire libre, coa axuda do sol e o contacto coa natureza, vai aumentar os teus niveis de enerxía, revitalizarache e reducirá os teus niveis de ansiedade e mal humor no noso día a día.

A Educación Física ao aire libre ofrece un estímulo mental ideal para os nenos e nenas que outros tipos de exercicio non poden conseguir.

Cambiando o escenario habitual de Educación Física, axudamos a estimular o noso cerebro en maior medida.

Preparamos unhos gorriños moi bonitos para escorrer o frío!

Os alumnos/as de Educación Infantil, estiveron a preparar unhos fermosos gorros para dar a benvida a este inverno!

Compartimos con todos vos estes fermosos debuxos. Esperamos que vos gusten!

 

 

Os máis pequenos de Educación Infantil, prepararon un fermoso mural para dar a benvida ao Inverno. 

Nel podemos ver unhos bonecos de neve moi graciosos rodeados de copos de neve.

 

Desfrutamos do floorball

O  Floorball, é un deporte alternativo que ten orixe sueca.

É un deporte de colaboración-oposición, que permite desde o inicio a participación dos xogadores, tendo unha gran aplicación a nivel educativo.

A práctica do floorball desata certos beneficios no alumnado que practica, entre outros, aumenta e mellora as capacidades físicas, as relacións interpersoais que se xeran, a cooperación, estimúlase a competencia sa.. 

Compartimos un vídeo dos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria, facendo tarefas de conducción e golpeo co stick.

Distribuir contido


by Dr. Radut