Skip to Content

Blogue de Pablo Sanchez

Desfrutamos da lectura na nosa Biblioteca escolar!

Cada día desfrutamos da lectura no CEIP A Castellana, hoxe compartimos unhas imaxes con todos vos, onde os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria ensinaron a leer á nosa mascota Camacho o Ourizo Cacho. 

Canto imaxinamos e canto desfrutamos ca lectura! 

NOTA: DÍAS NON LECTIVOS

José Luis Pico Espiñeira, recórdalles que comezaremos horario de tarde mañá venres 1 de outubro. 

Do mesmo xeito, o vindeiro 11 e 12 de outubro serán días NON lectivos, por ser Día do Ensino e Día da Hispanidade.

Recomendase revisar a páxina web do centro e estar pendiente dos avisos de Abalar ao longo do curso.

Cordialmente, o Director. 

cupón descuento ok mobility

Camacho tamén se dixitaliza!

Hoxe cando entramos na Biblioteca do colexio puidemos ver á nosa mascota Camacho o Ourizo Cacho cun equipo portátil novo. Estaba cheo de ledicia! 

Desexando que os alumnos e alumnas do CEIP A Castellana comecen a visitalo cada semana.

Este ordenador poderá ser empregado por todos e todas para consultas dixitais na Biblioteca. 

 

Coñecémonos un pouco mellor

Para comezar o curso as nenas e nenos de 1º e 2º de Educación Primaria presentáronse ao resto do alumnado e a mestra describindo o máis salientable de cada un, como a súa comida, cor e actividade favorita.

Tamén recordaron a través de diferentes xogos e manualidades, como é a creación da súa propia cámara de fotos, o seu verán.

Esperamos que vós guste tanto a actividade como a todas e todos nós!

Remata un curso que nunca olvidaremos

bkool

Hoxe remata un curso que non olvidaremos fácilmente. Tocounos poñer todos da nosa man para superar unha pandemia, mantendo a presencialidade. 

Remata un curso cargado de emocións e sen dúbida difícil de esquecer, no que todos os alumnos e alumnas deron unha auténtica lección de Responsabilidade.

Quedou máis que contrastado que as escolas foron lugares seguros e sen dúbida gracias o bo facer dos máis pequenos.

Dende o equipo de mestres/as queremos agradecer enormemente o esforzo e apoio de toda a Comunidade Educativa para superar este curso académico. 

Retomaremos en setembro a presencialidade, con seguridade teremos que seguir empregando máscara; pero sen dúbida esperemos que xa nunha situación moito máis tranquila.

Agardamos que o vindeiro sexa un curso máis doado para todos e todas.

Desexamosvos un bo verán e que disfrutedes moito coas vosas familias!

 

 

Fermosos cuadros para os cumpleañeros de 6º de Infantil

Compartimos con todos vos estes fermosos cuadros que elaboraron os alumnos e alumnas de 6º de Educación Infantil cada vez que un compañeiro ou compañeira cumpre anos. 

A verdade e que son unhos auténticos artistas!

Esperamos que vos gusten!

Os campións das adiviñas!

Durante este curso, a mestra Laura Antón, estivo a traballar cos alumnos e alumnas nun entretido concurso de adiviñanzas, aproveitando ao mesmo tempo para traballar o uso das TICs e o fomento da Aula Virtual do CEIP A Castellana. 

Logo de moito tempo de divertida competición, na seguinte imaxe podemos ver os gañadores e gañadoras do concurso de adiviñas.

Parabéns e grazas a todos e todas pola participación!

Un día sen rir, é un día perdido

Gracias á colaboración do Concello de Aranga, no día de hoxe estivemos a desfrutar dunha divertida e fermosa xornada de animación a cargo de Espectáculos e animacións Moc Moc.

Un día sen rir é un día perdido!

Pasámolo en grande e rímonos moito!

Compartimos con todos vos algunha das imaxes.

Coñecemos os instrumentos de percusión

O alumnado de Educación Primaria, en Educación Musical, estudou neste terceiro trimestre os instrumentos musicais (as familias e os grupos de instrumentos). Dentro das distintas familias, profundaron sobre a de percusión de altura determinada e indeterminada.

Quixeron deixar constancia do seu traballo facendo estes bonitos instrumentos con plastilina, como podedes ver a continuación.

Esperamos que vos guste tanto como a nós.

FELICIDADES POLO VOSO GRAN TRABALLO!!

Estoupamos este curso!

Por todos é sabido que neste curso, toda a Comunidade Educativa tivo que facer un esforzo extra para sobrepasar esta pandemia que nos tocou vivir. 

Os que mellor o fixeron sen dúbida foron os alumnos e alumnas. Dende os máis pequenos ata os máis grandes do colexio, deron unha auténtica lección de Responsabilidade. 

Aínda non rematou, pero dende o CEIP A Castellana, estamos a estoupar cada día que pasa!

Estas semanas estamos a estoupar un globo por cada día que pasa, facendo unha conta atrás para rematar o período lectivo deste curso académico; que sen dúbida, quedará marcado na memoria de todos e todas.

Dende o equipo de mestres/as do centro queremos agradecer o bo facer dos nenos e nenas e a colaboración das familias. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut