Skip to Content

Remata un curso que nunca olvidaremos

bkool

Hoxe remata un curso que non olvidaremos fácilmente. Tocounos poñer todos da nosa man para superar unha pandemia, mantendo a presencialidade. 

Remata un curso cargado de emocións e sen dúbida difícil de esquecer, no que todos os alumnos e alumnas deron unha auténtica lección de Responsabilidade.

Quedou máis que contrastado que as escolas foron lugares seguros e sen dúbida gracias o bo facer dos máis pequenos.

Dende o equipo de mestres/as queremos agradecer enormemente o esforzo e apoio de toda a Comunidade Educativa para superar este curso académico. 

Retomaremos en setembro a presencialidade, con seguridade teremos que seguir empregando máscara; pero sen dúbida esperemos que xa nunha situación moito máis tranquila.

Agardamos que o vindeiro sexa un curso máis doado para todos e todas.

Desexamosvos un bo verán e que disfrutedes moito coas vosas familias!

 

 



blog | by Dr. Radut