Skip to Content

Blogue de Pablo Sanchez

Magosto 2020

Dende o CEIP A CASTELLANA, queremos recordar a celebración do tradicional magosto que, por mor da Covid-19, non se puido festexar.

Polo que o alumnado quixo recordalo a través destes poemas recitados neste podcast. Premier League

 

 

Desexamos que o próximo curso sexa posible reanudar a xa tradicional celebración do Magosto do CEIP A CASTELLANA.

Desfruten do Outono e xa sabedes, con #sentidiño!!!

 

 

 

Nano vai á escola

Esta semana, o alumnado de Educación Infantil tamén puido desfrutar do espectáculo de Nano vai á escola.

Unha fermosa e divertida rá que nos contaba as súas peripecias no día a día no colexio. Cantaba, xogaba moito, aprendía adiviñanzas, etc.

 

Pasámolo estupendamente!

Cantareiras da agrupación folclórica San Xiao do Trebo e muiñeira de Chantada

Na xornada de onte estivemos a desfrutar dunha fermosa xornada todo o CEIP A Castellana, gardando sempre as medidas sanitarias.

Desfrutamos da actuación das Cantareiras da agrupación folclórica San Xiao do Trebo e da Muiñeira de Chantada grazas a colaboración do Concello de Aranga.

 

Plan de ensino virtual

Menu

Polo correo do vento

No día de onte tivemos unha fermosa visita. O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria desfrutou da actuación do Correo do Vento. 

Unha narración do "conto debuxado" no que Mario Pensaba que o galego non servía para nada.

 

 

 

NOTIFICACIÓN IMPORTANTE

José Luis Pico Espiñeira, director do CEIP A Castellana - Aranga, comunícalles que a partir de agora NON É NECESARIO que NINGÚN ALUMNO/A traiga xel desinfectante individual ao centro educativo. 

En cada aula existe a disposición de todos e todas un dispensador automático de xel hidroalcohólico. Ademáis, cada tutor/a dispón de xel para uso na súa clase e Sprays de desinfección. 

 

 

Moitas grazas pola colaboración. 

 

Cordialmente, o director. 

Instrucións de aplicación acordo compensación colaborades comedores escolares

José Luis Pico Espiñeira, director do CEIP A Castellana - Aranga achega as instrucións relativas ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia sobre compensacións a percibir polas persoas que colaboran nos comedores escolares, así como certificación do acordo.

Póndense consultar no SEGUINTE ENLACE.

 

Cordialmente o director.

 

MERENDAS SAUDABLES

Nos tempos que corren, sabemos que o exercicio físico e alimentación saudable son dúas das claves máis importantes para manter un sistema inmunolóxico forte e san. 

Porén, dende o CEIP A Castellana, establecemos unha serie de recomendacións para fomentar unhas merendas máis saludables na nosa escola. 

Co fin de reducir o consumo de ultraprocesados e fomentar unha alimentación saudable nos nosos alumnos e alumnas, establecemos a continuación un plan semanal a modo de recomendación.

Na marxe esquerda indicamos o tipo de merenda para cada día e na marxe dereita poñemos exemplos de merendas. Pero son só exemplos. 

Moitas grazas a todos/as. 

 

 

AVISO URXENTE

José Luis Pico Espiñeira, director do CEIP A Castellana - Aranga, infórmalles que debido á petición por parte da Inspección Educativa de A Coruña, temos que identificar ao alumnado sen recursos para unha posible enseñanza telemática.

 

Debido a este feito, e para ter un rexistro privado de ditos alumnos/as, é DE OBRIGATORIO CUMPRIMENTO que nos envíen a enquisa que facilitamos a continuación; para que dende a dirección do centro teñamos coñecemento das necesidades reales que poidan existir. 

 

Gracias pola colaboración. 

 

Cordialmente, o director. 

 

*Nota: a data límite de prazo para cubrir e enviar dita enquisa será o vindeiro venres día 16 de outubro de 2020.  

A enquisa é totalmente privada e só terá acceso ás respostas a dirección do centro educativo. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut