Skip to Content

Blogue de Pablo Sanchez

Día do Libro 2020

Estimadas familias:

co fin de conmemorar o día do Libro do vindeiro xoves 23 de abril, dende o CEIP A Castellana, propoñemos unha pequena actividade para que participe todo o alumnado.

Gustaríanos que todos os alumnos e alumnas elaboren un pequeno marcapáxinas decorado por eles mesmos. Posteriormente todos aqueles/as que o desexen, poden enviar unha imaxe onde saian eles mesmos, ensinando o devandito marcapáxinas confeccionado.

Tedes ata o venres 1 de maio para remitir as imaxes ao seguinte correo electrónico (pablo.sanchez@edu.xunta.es). Posteriormente subirémolos á páxina web do centro.

Con esta actividade de carácter voluntario, buscamos tamén que os alumnos/as poidan saír na páxina web de forma visible e deste xeito vernos de xeito telemático. 


Queremos mostrar todo o noso ánimo e forza nesta situación tan difícil que estamos a vivir. 


 

 

Por último, queremos informar que dende o CEIP A Castellana, estamos á espera das instruccións definitivas que establezca a Consellería de Educación e das indicacións específicas de inspección. Para, deste xeito, establecer unha concreción maior das directrices establecidas polo Goberno Central.

Pronto Voltaremos a xuntarnos...

Nos próximos días colgaremos as indicacións e tarefas para continuar co terceiro trimestre, pero queremos compartir con todos vos este pequeno vídeo que fixemos para trasladarvos moita forza e ánimo a todos e todas.

Votámosvos de menos moito, pero... Pronto voltaremos a xuntarnos!

PERÍODO VACACIONAL DE SEMANA SANTA

 

Dende o CEIP A Castellana comunicamos que dende o luns día 6 ata o luns 13 de abril é o período de Vacacións de Semana Santa, polo que non haberá tarefas on line novas.

Calquera novidade ou comunicación faráse por esta canle. 

 

Moito ánimo e saúde.

GUÍA PARA O USO DE ABALAR MÓBIL

Estimadas familias: 

Dende o CEIP A Castellana, queremos comunicarvos que xa levamos a cabo a segunda avaliación seguindo as indicacións establecidas pola Consellería de Educación. 

Cando se reestablezca a normalidade e a presencialidade nos centros, faremos entrega PRESENCIAL das notas a cada alumno/a. 

Mentres tanto, todas as familias poden consultalas mediante o sistema ABALAR MOBIL. 

 

Por se algunha familia non o ten activado aínda, compartimos con vos unha guía para que poidades instalalo nos vosos teléfonos móbiles.

 

DESCARGAR AQUÍ A GUÍA DE INSTALACIÓN ABALAR MÓBIL

AVISO COMEDORES

Estimadas familias:

 Ante todo, e dados os momentos que estamos a vivir polo estado de alerta derivado do COVID-19, a Consellería de Educación, Universidade e FP queremos transmitir o agradecemento máis fondo polo voso compromiso e esforzo co sistema educativo galego. Un esforzo que imos precisar que continúe e se amplíe, en función da aparición de novas necesidades no sistema educativo, nesta situación tan excepcional.

 No día de hoxe publicouse a Orde de axudas directas a usuarios gratuítos e semi-gratuítos de comedor escolar no Diario Oficial de Galicia, os beneficiarios teñen ata o día 6 de abril para formalizar as peticións. Acompañamos copia. Ao final desta comunicación

 As solicitudes deberán tramitalas as familias por vía electrónica no portal da Xunta de Galicia. 

 Unha vez máis, grazas pola vosa cooperación e entrega en tempos tan excepcionais.

NOTA INFORMATIVA

Benqueridas familias:

 

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, logo de participar onte, mércores 25 de marzo, na Conferencia Sectorial de Educación para analizar o impacto e as medidas en relación coa interrupción da actividade lectiva presencial, determina:

1. Manter o calendario escolar.

2. Avaliar o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais.

3. Modificar os contidos e competencias básicas previstas para o terceiro trimestre. Estas modificacións abordaranse a principios do mes de abril.

4. Quedan suspendidas este curso as probas de avaliación diagnóstica que afectarían a 3°e 6° niveis de educación primaria.

 

Considerando todo o anterior, queremos poñer no voso coñecemento que as cualificacións correspondentes ao segundo trimestre deste curso reflectirán o avaliado ata o 13 de marzo en base aos exames, probas, traballo de aula, observacións e/ou calquera outro instrumento de avaliación que o profesorado considere oportuno para establecer as notas do alumnado.

  

Por outra banda, queremos transmitirvos tranquilidade e calma en canto aos contidos que se están a pedir ao alumnado durante este período de confinamento.

 

No queremos que vos sintades responsables de salvar o curso académico dos vosos fillos e fillas, nin moito menos. Cada familia poderá seguir o ritmo como mellor conveña ás súas circunstancias. É a nosa obriga aportar proposta de actividades para que, na medida do posible e das casuísticas familiares, o alumnado teña unha sensación de rutina e organización, pero non serán contidos avaliables. 

 

Grazas pola vosa colaboración.

 

Seguiremos informando de calquera novidade ou modificación.

 

Saúdos.

 

O director.

prueba

 


1
 
 
 
 
 
 

MERCURIO É O MÁIS PRÓXIMO
AO SOL. É O MÁIS PEQUENO.
CARECE DE SATÉLITES NATURAIS
AO IGUAL CA VENUS. É UN PLANETA
ROCHOSO E SÓLIDO, FORMASE
POR ELEMENTOS METÁLICOS E
DE SILICATOS. DURANTE MOITO
TEMPO FOI VOLCÁNICAMENTE
ACTIVO, FORMÁNDOSE CUNCAS
OU DEPRESIÓNS CON LAVA
DO INTERIOR DO PLANETA.

VENUS É O SEGUNDO PLANETA
DENDE O SOL, IGUAL CA MERCURIO
NON TEN SATÉLITES NATURAIS.
TRATASE DUN PLANETA ROCHOSO
E TERRESTRE, CHAMADO CON
FRECUENCIA O PLANETA IRMÁN
DA TERRA, XA QUE AMBOS SON
SIMILARES EN TAMAÑO, MASA
E COMPOSICIÓN AÍNDA QUE
DIFERENTES EN CUESTIÓNS
TÉRMICAS E ATMOSFÉRICAS.

TERRA É O TERCEIRO PLANETA
MÁIS CERCA DO SOL, É O MAIOR
DOS CATRO ROCHOSOS.
ACTUALMENTE O ÚNICO CORPOR
ASTRONÓMICO ONDE SE COÑECE
A EXISTENCIA DE VIDA. A TERRA
TEN A LÚA QUE XIRA SOBRE ELA.

MARTE É O CUARTO PLANETA EN
ORDE DE DISTANCIA AO SOL, É O
SEGUNDO MÁIS PEQUENO DESPOIS
DE MERCURIO.
TAMÉN É COÑECIDO COMO PLANETA
VERMELLO DEBIDO Á APARENCIA
VERMELLA QUE LLE CONFIRE O
ÓXIDO DE FERRO. POSEE DOUS
SATÉLITES PEQUENOS E DE FORMA
IRREGULAR (FOBOS E DEIMOS).
A SÚA SUPERFICIE RECORDA AOS
CRÁTERES DA LÚA, ASÍ COMO OS
DESERTOS E CASQUETES DA TERRA.

 
 
 
 
 
 

prueba

 


1
 
 
 
 
 
 

MERCURIO É O MÁIS PRÓXIMO
AO SOL. É O MÁIS PEQUENO.
CARECE DE SATÉLITES NATURAIS
AO IGUAL CA VENUS. É UN PLANETA
ROCHOSO E SÓLIDO, FORMASE
POR ELEMENTOS METÁLICOS E
DE SILICATOS. DURANTE MOITO
TEMPO FOI VOLCÁNICAMENTE
ACTIVO, FORMÁNDOSE CUNCAS
OU DEPRESIÓNS CON LAVA
DO INTERIOR DO PLANETA.

VENUS É O SEGUNDO PLANETA
DENDE O SOL, IGUAL CA MERCURIO
NON TEN SATÉLITES NATURAIS.
TRATASE DUN PLANETA ROCHOSO
E TERRESTRE, CHAMADO CON
FRECUENCIA O PLANETA IRMÁN
DA TERRA, XA QUE AMBOS SON
SIMILARES EN TAMAÑO, MASA
E COMPOSICIÓN AÍNDA QUE
DIFERENTES EN CUESTIÓNS
TÉRMICAS E ATMOSFÉRICAS.

TERRA É O TERCEIRO PLANETA
MÁIS CERCA DO SOL, É O MAIOR
DOS CATRO ROCHOSOS.
ACTUALMENTE O ÚNICO CORPOR
ASTRONÓMICO ONDE SE COÑECE
A EXISTENCIA DE VIDA. A TERRA
TEN A LÚA QUE XIRA SOBRE ELA.

MARTE É O CUARTO PLANETA EN
ORDE DE DISTANCIA AO SOL, É O
SEGUNDO MÁIS PEQUENO DESPOIS
DE MERCURIO.
TAMÉN É COÑECIDO COMO PLANETA
VERMELLO DEBIDO Á APARENCIA
VERMELLA QUE LLE CONFIRE O
ÓXIDO DE FERRO. POSEE DOUS
SATÉLITES PEQUENOS E DE FORMA
IRREGULAR (FOBOS E DEIMOS).
A SÚA SUPERFICIE RECORDA AOS
CRÁTERES DA LÚA, ASÍ COMO OS
DESERTOS E CASQUETES DA TERRA.

 
 
 
 
 
 

INDICACIÓNS PARA OS VINDEIROS DÍAS

Estimadas familias:

Dende o CEIP A Castellana tomamos a decisión de empregar a páxina web como plataforma de comunicación coas familias para seguir impartindo certos contidos.

Dada a situación na que nos atopamos neste momento, brindaremos certas recomendacións en relación as materias que traballamos.

Cada dúas semanas ou se precisades antes, iremos engadindo más tarefas nesta páxina web.

Esperamos que vos resulten de axuda, e estaremos dispoñibles para todo aquelo que precisedes.

O carácter de ditas actividades é non computable para avaliación e simplemente queremos brindar certas orientacións para as familias nos vindeiros días/semanas.

Esperamos dende todo o colectivo de mestres/as e persoal do centro, vervos pronto e poder voltar o antes posible a normalidade.

Cordialmente, os mestres/as de CEIP A Castellana.

 

 

TAREFAS E RECOMENDACIÓNS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

No seguinte enlace explicamos algunhas suxerencias de carácter voluntario para todas aquelas familias que desexen facer tarefas con nenos e nenas:

 

TAREFAS DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Con respecto as tarefas de 1º e 2º de Educación Primaria, establécense as seguintes:

  • Con respecto ás Linguas: aconséllase establecer o hábito de lectura diaria de 15-20 minutos ao día (alternando a lectura en voz alta e baixa) e sempre que se poida, facer algún ditado.
  • Con respecto ás Matemáticas: No 1º curso de Educación primaria: o alumnado debe facer sumas e restas de dúas cifras (sen levadas) tanto en horizontal como en vertical, así como a escritura dos número ata o 99 (con número e letra e anterior e posterior). No 2º curso de Educación Primaria: o alumnado debe facer sumas e restas, tanto con levadas como sen elas (de tres cifras en vertical), e estudar a táboa de multiplicar: x1, x2, x4 e x8 (vistas nestas útimas unidades).
  • Con respecto á área de Inglés: a continuación tedes os enlaces a unha serie de webs para que o alumnado continúe a traballar diferentes aspectos da lingua tratados na aula:

- Web da editorial Oxford onde atoparedes recursos relacionados cos contidos do libro de texto (xogos, historias, cancións, etc.).

- Para traballar fundamentalmente o vocabulario por temáticas.

- Diferentes recursos para traballar as destrezas (listening, speaking, reading, writing, etc).

 

 

TAREFAS DE 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Con respecto as tarefas de 3º e 4º de Educación Primaria, establécense as seguintes:

  • Nas áreas de Ciencias Sociais e Ciencias Naturais: lectura das leccións impartidas no 1º e 2º Trimestre.
  • Na área de Matemáticas: estudiar a tabla de multiplicar e revisar os apuntes que dispón o alumnado da segunda avaliación e lectura das leccións impartidas nas evaluacións pasadas.
  • Na área de Lengua Castellana e Lingua Galega: recoméndase a lectura diaria e a realización das tarefas do repaso trimestral que veñen reflexadas ao final do libro do 2º Trimestre.
  • Con respecto á área de Inglés: tedes aquí unhas fichas de repaso de todos os contidos traballados neste segundo trimestre na clase para repasar (DESCARGAR AQUÍ).
  • A maiores, a continuación tedes os enlaces a unha serie de webs para que o alumnado continúe a traballar diferentes aspectos da lingua tratados na aula:

- Web da editorial Oxford onde atoparedes recursos relacionados cos contidos do libro de texto (xogos, historias, cancións, etc.).

- Para traballar fundamentalmente o vocabulario por temáticas.

- Diferentes recursos para traballar as destrezas (listening, speking, reading, writing).

 

TAREFAS DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

As tarefas da titora de 5º e 6º de EP comunicaránse por un grupo privado de WhatsApp, debido á maior dificultade dos contidos que se imparten.

 

 

Con respecto á área de Educación Física compartimos con todos vos algún xogo para que podades levalos á cabo cos alumnos e alumnas durante os vindeiros días.

Nestes momentos máis que nunca é importante compartir espazo cos máis pequenos/as, desfrutando con eles de xogos e tarefas de carácter lúdico.

Recurrindo a Xogos Populares coma o “escondite”, “a petanca”, “os bolos”, etc.

Ademáis, queremos compartir con todos vos algúns xogos para que poidades realizar nos fogares.

PREMER AQUÍ PARA VER A IMAXE EN TAMAÑO COMPLETO

 

Ademáis, o mestre de Educación Física, diseñou un XOGO DA OCA DE EDUCACIÓN FÍSICA para intentar acercar o exercicio aos alumnos/as e ás familias tamén. 

PODEDES DESCARGALO PREMENDO AQUÍ.

 

 

Para os alumnos/as que viñan a apoio na aula de Audición e Linguaxe a mestra facilítavos unha serie de links para que dalgunha forma poidan continuar na casa coas actividades que traballamos na clase.

- Discriminación auditiva:

  https://www.youtube.com/watch?v=xnWc0AfpigY

  https://www.youtube.com/watch?v=FubHJR3cpJw

  https://www.youtube.com/watch?v=ZF29rHlRLZk

  https://www.youtube.com/watch?v=zDvsffsAE4s

  https://www.youtube.com/watch?v=GlUMp46bNsE

- Fonema /r/:

  https://www.youtube.com/watch?v=t3cmqQV1Jt8

  https://www.youtube.com/watch?v=jBFmZC2l_bk

  https://www.youtube.com/watch?v=rHgRMUIuV2o

 - Fonema /s/:

https://www.youtube.com/watch?v=jWQ7lQeQS9Q

https://www.youtube.com/watch?v=I0yDROazs8w

 https://www.youtube.com/watch?v=I0yDROazs8w

 - Fonema /z/:

https://www.youtube.com/watch?v=FbPV2QbsJXs

  https://www.youtube.com/watch?v=1-AnexORGLw

 

 

A mestra de Relixión Católica, recomenda as seguintes tarefas para os alumnos/as. Podedes velas NO SEGUINTE ENLACE.

 

RINCÓN ONLINE DA BIBLIOTECA DO CEIP A CASTELLANA 

PREMENDO NESTE ENLACE PODEDES ACCEDER A CONTOS DIXITAIS PARA LEER COS NENOS E NENAS NESTES DÍAS. 

 

MATERIAL COMPLEMENTARIO

Como material complementario, queremos recomendarvos a proposta establecida polo Ministerio de Educación, na que se emiten clases no canal da Televisión Pública chamado CLAN

A continuación compartimos con todos vos a imaxe das clases que se imparten por día e hora. 

Ademáis neste enlace tedes máis información por se queredes ver máis información dende o ordenador ou dispositivos móviles.

PREMER AQUÍ PARA VER A IMAXE EN TAMAÑO COMPLETO.

Medidas relacionadas co COVID19

A Xunta de Galicia acaba de informar publicamente que os centros de todos os niveis educativos permanecerán pechados 14 días dende o luns, 16 de marzo e mañá venres non será obrigatorio a asistencia ao centro educativo.

Polo tanto, hoxe venres, os pais/nais terán nas súas mans a decisión de enviar ou non aos seus fillos ao colexio. A continuación compartimos información de interese sobre o COVID-19:

TELÉFONO DE INFORMACIÓN PARA A CIDADANÍA

No caso de dúbidas ou necesidade de información a Xunta de Galicia ten habilitado o teléfono gratuíto 900 400 116 para as súas consultas.

SINTOMATOLOXÍA

Os síntomas máis comúns da enfermidade polo Coronavirus (COVID-19) son FEBRE, TOSE, DIFICULTADE RESPIRATORIA OU DISNEA. No caso de chegar dunha viaxe ou estar en contacto con persoas que veñan dunha área de risco e presenten os síntomas descritos recoméndase non acudir directamente ao hospital ou centro de saúde senón CONTACTAR TELEFONICAMENTE CO 061.

RECOMENDACIÓNS XENÉRICAS

Hixiene de mans e Hixiene respiratoria

•Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón, ou utilizar unha solución hidroalcóholica.

•Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca se non se teñen as mans limpas.

•Practicar unha boa hixiene respiratoria: cando tusa ou esbirre tapar a boca e o nariz cun pano de papel, que inmediatamente hai que desbotar nunha papeleira, ou facelo contra a flexura do cóbado. Despois de tocar as secrecións respiratorias (esbirrar, tusir, uso de panos) e/ou obxectos contaminados deberá lavar ben as mans.

•De ter síntomas de infección respiratoria (FEBRE, TOSE, DIFICULTADE RESPIRATORIA OU DISNEA) afastarse doutras persoas, polo menos manterse a 2 metros.

•Non se recomenda o uso de mascarilla como medida de protección para persoas que non estean enfermas. Ao contrario, pode xerar unha sensación de seguridade que non é certa e a súa manipulación pode motivar máis risco por contacto con nariz, boca ou ollos.

Distribuir contido


by Dr. Radut