Skip to Content

Día do Libro 2020

Estimadas familias:

co fin de conmemorar o día do Libro do vindeiro xoves 23 de abril, dende o CEIP A Castellana, propoñemos unha pequena actividade para que participe todo o alumnado.

Gustaríanos que todos os alumnos e alumnas elaboren un pequeno marcapáxinas decorado por eles mesmos. Posteriormente todos aqueles/as que o desexen, poden enviar unha imaxe onde saian eles mesmos, ensinando o devandito marcapáxinas confeccionado.

Tedes ata o venres 1 de maio para remitir as imaxes ao seguinte correo electrónico (pablo.sanchez@edu.xunta.es). Posteriormente subirémolos á páxina web do centro.

Con esta actividade de carácter voluntario, buscamos tamén que os alumnos/as poidan saír na páxina web de forma visible e deste xeito vernos de xeito telemático. 


Queremos mostrar todo o noso ánimo e forza nesta situación tan difícil que estamos a vivir. 


 

 

Por último, queremos informar que dende o CEIP A Castellana, estamos á espera das instruccións definitivas que establezca a Consellería de Educación e das indicacións específicas de inspección. Para, deste xeito, establecer unha concreción maior das directrices establecidas polo Goberno Central.



blog | by Dr. Radut