Skip to Content

NOTA INFORMATIVA

Benqueridas familias:

 

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, logo de participar onte, mércores 25 de marzo, na Conferencia Sectorial de Educación para analizar o impacto e as medidas en relación coa interrupción da actividade lectiva presencial, determina:

1. Manter o calendario escolar.

2. Avaliar o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais.

3. Modificar os contidos e competencias básicas previstas para o terceiro trimestre. Estas modificacións abordaranse a principios do mes de abril.

4. Quedan suspendidas este curso as probas de avaliación diagnóstica que afectarían a 3°e 6° niveis de educación primaria.

 

Considerando todo o anterior, queremos poñer no voso coñecemento que as cualificacións correspondentes ao segundo trimestre deste curso reflectirán o avaliado ata o 13 de marzo en base aos exames, probas, traballo de aula, observacións e/ou calquera outro instrumento de avaliación que o profesorado considere oportuno para establecer as notas do alumnado.

  

Por outra banda, queremos transmitirvos tranquilidade e calma en canto aos contidos que se están a pedir ao alumnado durante este período de confinamento.

 

No queremos que vos sintades responsables de salvar o curso académico dos vosos fillos e fillas, nin moito menos. Cada familia poderá seguir o ritmo como mellor conveña ás súas circunstancias. É a nosa obriga aportar proposta de actividades para que, na medida do posible e das casuísticas familiares, o alumnado teña unha sensación de rutina e organización, pero non serán contidos avaliables. 

 

Grazas pola vosa colaboración.

 

Seguiremos informando de calquera novidade ou modificación.

 

Saúdos.

 

O director.



blog | by Dr. Radut