Skip to Content

INDICACIÓNS PARA OS VINDEIROS DÍAS

Estimadas familias:

Dende o CEIP A Castellana tomamos a decisión de empregar a páxina web como plataforma de comunicación coas familias para seguir impartindo certos contidos.

Dada a situación na que nos atopamos neste momento, brindaremos certas recomendacións en relación as materias que traballamos.

Cada dúas semanas ou se precisades antes, iremos engadindo más tarefas nesta páxina web.

Esperamos que vos resulten de axuda, e estaremos dispoñibles para todo aquelo que precisedes.

O carácter de ditas actividades é non computable para avaliación e simplemente queremos brindar certas orientacións para as familias nos vindeiros días/semanas.

Esperamos dende todo o colectivo de mestres/as e persoal do centro, vervos pronto e poder voltar o antes posible a normalidade.

Cordialmente, os mestres/as de CEIP A Castellana.

 

 

TAREFAS E RECOMENDACIÓNS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

No seguinte enlace explicamos algunhas suxerencias de carácter voluntario para todas aquelas familias que desexen facer tarefas con nenos e nenas:

 

TAREFAS DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Con respecto as tarefas de 1º e 2º de Educación Primaria, establécense as seguintes:

  • Con respecto ás Linguas: aconséllase establecer o hábito de lectura diaria de 15-20 minutos ao día (alternando a lectura en voz alta e baixa) e sempre que se poida, facer algún ditado.
  • Con respecto ás Matemáticas: No 1º curso de Educación primaria: o alumnado debe facer sumas e restas de dúas cifras (sen levadas) tanto en horizontal como en vertical, así como a escritura dos número ata o 99 (con número e letra e anterior e posterior). No 2º curso de Educación Primaria: o alumnado debe facer sumas e restas, tanto con levadas como sen elas (de tres cifras en vertical), e estudar a táboa de multiplicar: x1, x2, x4 e x8 (vistas nestas útimas unidades).
  • Con respecto á área de Inglés: a continuación tedes os enlaces a unha serie de webs para que o alumnado continúe a traballar diferentes aspectos da lingua tratados na aula:

- Web da editorial Oxford onde atoparedes recursos relacionados cos contidos do libro de texto (xogos, historias, cancións, etc.).

- Para traballar fundamentalmente o vocabulario por temáticas.

- Diferentes recursos para traballar as destrezas (listening, speaking, reading, writing, etc).

 

 

TAREFAS DE 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Con respecto as tarefas de 3º e 4º de Educación Primaria, establécense as seguintes:

  • Nas áreas de Ciencias Sociais e Ciencias Naturais: lectura das leccións impartidas no 1º e 2º Trimestre.
  • Na área de Matemáticas: estudiar a tabla de multiplicar e revisar os apuntes que dispón o alumnado da segunda avaliación e lectura das leccións impartidas nas evaluacións pasadas.
  • Na área de Lengua Castellana e Lingua Galega: recoméndase a lectura diaria e a realización das tarefas do repaso trimestral que veñen reflexadas ao final do libro do 2º Trimestre.
  • Con respecto á área de Inglés: tedes aquí unhas fichas de repaso de todos os contidos traballados neste segundo trimestre na clase para repasar (DESCARGAR AQUÍ).
  • A maiores, a continuación tedes os enlaces a unha serie de webs para que o alumnado continúe a traballar diferentes aspectos da lingua tratados na aula:

- Web da editorial Oxford onde atoparedes recursos relacionados cos contidos do libro de texto (xogos, historias, cancións, etc.).

- Para traballar fundamentalmente o vocabulario por temáticas.

- Diferentes recursos para traballar as destrezas (listening, speking, reading, writing).

 

TAREFAS DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

As tarefas da titora de 5º e 6º de EP comunicaránse por un grupo privado de WhatsApp, debido á maior dificultade dos contidos que se imparten.

 

 

Con respecto á área de Educación Física compartimos con todos vos algún xogo para que podades levalos á cabo cos alumnos e alumnas durante os vindeiros días.

Nestes momentos máis que nunca é importante compartir espazo cos máis pequenos/as, desfrutando con eles de xogos e tarefas de carácter lúdico.

Recurrindo a Xogos Populares coma o “escondite”, “a petanca”, “os bolos”, etc.

Ademáis, queremos compartir con todos vos algúns xogos para que poidades realizar nos fogares.

PREMER AQUÍ PARA VER A IMAXE EN TAMAÑO COMPLETO

 

Ademáis, o mestre de Educación Física, diseñou un XOGO DA OCA DE EDUCACIÓN FÍSICA para intentar acercar o exercicio aos alumnos/as e ás familias tamén. 

PODEDES DESCARGALO PREMENDO AQUÍ.

 

 

Para os alumnos/as que viñan a apoio na aula de Audición e Linguaxe a mestra facilítavos unha serie de links para que dalgunha forma poidan continuar na casa coas actividades que traballamos na clase.

- Discriminación auditiva:

  https://www.youtube.com/watch?v=xnWc0AfpigY

  https://www.youtube.com/watch?v=FubHJR3cpJw

  https://www.youtube.com/watch?v=ZF29rHlRLZk

  https://www.youtube.com/watch?v=zDvsffsAE4s

  https://www.youtube.com/watch?v=GlUMp46bNsE

- Fonema /r/:

  https://www.youtube.com/watch?v=t3cmqQV1Jt8

  https://www.youtube.com/watch?v=jBFmZC2l_bk

  https://www.youtube.com/watch?v=rHgRMUIuV2o

 - Fonema /s/:

https://www.youtube.com/watch?v=jWQ7lQeQS9Q

https://www.youtube.com/watch?v=I0yDROazs8w

 https://www.youtube.com/watch?v=I0yDROazs8w

 - Fonema /z/:

https://www.youtube.com/watch?v=FbPV2QbsJXs

  https://www.youtube.com/watch?v=1-AnexORGLw

 

 

A mestra de Relixión Católica, recomenda as seguintes tarefas para os alumnos/as. Podedes velas NO SEGUINTE ENLACE.

 

RINCÓN ONLINE DA BIBLIOTECA DO CEIP A CASTELLANA 

PREMENDO NESTE ENLACE PODEDES ACCEDER A CONTOS DIXITAIS PARA LEER COS NENOS E NENAS NESTES DÍAS. 

 

MATERIAL COMPLEMENTARIO

Como material complementario, queremos recomendarvos a proposta establecida polo Ministerio de Educación, na que se emiten clases no canal da Televisión Pública chamado CLAN

A continuación compartimos con todos vos a imaxe das clases que se imparten por día e hora. 

Ademáis neste enlace tedes máis información por se queredes ver máis información dende o ordenador ou dispositivos móviles.

PREMER AQUÍ PARA VER A IMAXE EN TAMAÑO COMPLETO.



blog | by Dr. Radut