Skip to Content

Blogue de Pablo Sanchez

Voltamos ao colexio

Comezamos un novo curso escolar no CEIP A Castellana.

Este espazo web seguirá a funcionar de forma activa e periódica. Compartindo con todos vos todas as experiencias e novidades educativas.

Dende o centro educativo desexamosvos un feliz curso!

Compartimos con todos vos o Vídeo de Stop Motion

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Educación Primaria, xunto coa mestra de Inglés, crearon un fermoso corto de stop motion que deixamos a continuación para que o desfrutedes. 

Seis meses de traballo minucioso que cobran vida neste fermoso vídeo.

Despedimos os nosos alumnos e alumnas de 6º de EP

Hoxe é un día cheo de emoción xa que despedimos aos nosos alumnos e alumnas de 6º curso de Educación Primaria. Que emprenden un novo camiño noutro centro educativo. 

Sen dúbida, todos e todas estamos orgullosos dos coñecementos e valores como persoas adquiridos nestes 6 anos de convivencia no CEIP A Castellana. Sempre será a vosa casa. 

Ata sempre!

Visitamos a Granxa do Cancelo

No día de onte, estivemos a desfrutar dunha fermosa xornada en contacto co mundo animal e ca natureza. Visitamos a Granxa do Cancelo. Sen dúbida unha saída na que o pasamos xenial e rematamos cunha merenda na praia de Miño.

Aprendo, cuido e respecto aos animais

No día de onte, tivemos unha fermosa visita. Fomentamos a importancia de respectar as nosas mascotas, evitando o abandono e coñecendo todos os dereitos que deben ter os nosos animais.

 

Celebramos a Festa dos Maios

No día de hoxe estivemos a celebrar a Festa dos Maios, unha fermosa tradición que dende o CEIP A Castellana quixemos festexar. 

Dende o centro educativo e en nome de todos os mestres/as, queremos agradecer o apoio e colaboración de todas as familias. 

Sen dúbida, foi unha emotiva e fermosa xuntanza, na que desfrutamos todos xuntos.

Compartimos con todos vos algunhas das imaxes. 

Recordade que na Galería podedes atopalas todas organizadas por festividades!

Desfrutamos na Festa de Aranga

Na semana anterior, estivemos a desfrutar dunha fermosa xornada de convivencia conxunta da Comunidade Educativa, grazas á colaboración do Concello de Aranga. 

Compartimos con todos vos algunhas das imaxes deste día.

 

Desfrutamos na Festa de Aranga

Na semana anterior, estivemos a desfrutar dunha fermosa xornada de convivencia conxunta da Comunidade Educativa, grazas á colaboración do Concello de Aranga. 

Compartimos con todos vos algunhas das imaxes deste día.

 

Excursión a Cesuras, desfrutamos do teatro

Durante o día de onte, estivemos a desfrutar dunha fermosa xornada de teatro. Dende o CEIP A Castellana, desprazámonos ata o colexio de Cesuras para ver unha fermosa obra de teatro na que se fomentaba o Inglés para todo o alumnado. 

Puidemos compartir unha xornada en convivencia con outros alumnos e alumnas. A verdade que saímos ledos da dinámica e entretida actuación. 

Traballamos de xeito interdisciplinar

Os alumnos e alumnas de quinto e sexto de Educación Primaria estivemos a traballar as formas xeométricas ao mesmo tempo que abordamos contidos de Educación Artística. 

O resultado foi estos fermosos chaveiros personalizados. 

Esperamos que vos gusten!

Distribuir contido


by Dr. Radut