Skip to Content

Blogue de Pablo Sanchez

Celebramos o Día Mundial do Autismo

Esta semana estivemos a celebrar o Día Mundial do Autismo, coa participación dos mestres e todos os alumnos e alumnas do CEIP A Castellana. 

Unha fermosa xornada na que fomentamos a importancia da inclusión educativa afondando nas características do autismo, xunto co cariño e participación de todos os nosos alumnos/as fixemos un fermoso conto ao noso compañeiro David. 

Podedes velo na seguinte imaxe. 

Esperamos que vos guste moito!

Book titled '¿TEAtreves a conocerme?'
 

Creamos os nosos instrumentos

Dende a área de Música estivemos a fomentar a creación de instrumentos musicais. 

Deixamosvos unhas fermosas imaxes sobre os distintos instrumentos que se elaboraron.

O Barco Pirata

Dende a área de Educación Física estamos a fomentar o traballo en equipo, xunto a mellora da coordinación espacial e as habilidades motrices. 

Todo isto traballámolo dende propostas lúdicas para que os alumnos/as se motiven de cara á práctica.

Sen dúbida pasámolo xenial no noso barco pirata! 

Collages con material reciclado

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria elaboraron unhos fermosos collages con material reciclado. 

Dende o CEIP A Castellana fomentamos o reciclaxe en cada curso. Reciclar é un xesto moi sinxelo que debemos converter noutro hábito cotián máis dos nosos fogares e involucrar nel aos nosos fillos e fillas. Practicalo a diario é unha actividade positiva para o ser humano e para o planeta.

Esperamos que vos gusten!

 

Celebramos o Entroido

Onte estivemos a desfrutar dunha fermosa xornada de Entroido. Este ano traballamos os oficios da zona. Os alumnos/as de Educación Infantil disfrazaronse de carpinteiros, 1º e 2º de EP de Agricultores. 3º e 4º de Ferreiros e os mais maiores do colexio foron disfrazados de Muiñeiros. 

Sen dúbida, foi un fermoso día no que todos e todas puidemos desfrutar do Entroido grazas a boa participación de toda a Comunidade Educativa. 

Compartimos con todos vos, algunhas imaxes. 

Recordade que poderedes atopar a totalidade de imaxes na galería aloxada nesta páxina web.

O amor move o mundo

No día de onte estivemos a celebrar o día de San Valentín. 

O día de San Valentín non é só para celebrar o día dos namorados, é dicir, para celebrar o amor entre dúas persoas. O amor pódese manifestar de moitas formas diferentes xa que non só existe o amor romántico. O amor move o mundo e pode ser igual de importante entre dúas persoas que se aman de forma romántica, como entre familiares ou entre amigos, etc. San Valentín non é exclusivo para celebralo co teu mozo! 

Porén, no CEIP A Castellana aproveitamos esta fermosa festividade para fomentar valores de Respeto, de Cariño, Amizade e convivencia cos nosos amigos, mascotas e seres máis queridos. 

Xuntos pola Paz no CEIP A Castellana

Hoxe no CEIP A Castellana, estivemos a celebrar o Día da Paz.

Cada curso encargouse de falar sobre un Premio Nobel, destacando as labores feitas por cada un; dende a tolerancia e o respeto entre iguais sin existir razóns de discriminación. 

O día de hoxe serve para que os máis pequenos coñezan a importancia de vivir en concordancia e armonía cos demáis, fomentando unha educación en valores no que o Respeto e a Responsabilidade sexan as premisas máis importantes dentro de cada un de nos. 

 

Aula Multisensorial

Compartimos con todos vos fotos da fermosa aula Multisensorial do CEIP A Castellana. 

Gracias a colaboración do Concello de Aranga e a ANPA do centro educativo. 

Chegou o Nadal o CEIP da Castellana

No CEIP da Castellana xa estamos a vivir o espírito do Nadal.

Xa se empezan a escoitar paixoliñas e temos moita ledicia porque se aproximen estas datas tan sinaladas.

Dende o centro educativo desexamosvos a todos e a todas un Bo Nadal e un próspero Aninovo. 

cupon descuento augusta

 

Visitamos o Belén de Begonte

Este pasado luns, puidemos desfrutar dunha fermosa xornada vendo o fermoso Belén de Begonte. descuento alkanatur

Todos xuntos puidemos ver este interactivo Belén, ¡encantounos!

Distribuir contido


by Dr. Radut