Skip to Content

Blogue de Pablo Sanchez

AVISO URXENTE

José Luis Pico Espiñeira, director do CEIP A Castellana - Aranga, infórmalles que debido á petición por parte da Inspección Educativa de A Coruña, temos que identificar ao alumnado sen recursos para unha posible enseñanza telemática.

 

Debido a este feito, e para ter un rexistro privado de ditos alumnos/as, é DE OBRIGATORIO CUMPRIMENTO que nos envíen a enquisa que facilitamos a continuación; para que dende a dirección do centro teñamos coñecemento das necesidades reales que poidan existir. 

 

Gracias pola colaboración. 

 

Cordialmente, o director. 

 

*Nota: a data límite de prazo para cubrir e enviar dita enquisa será o vindeiro venres día 16 de outubro de 2020.  

A enquisa é totalmente privada e só terá acceso ás respostas a dirección do centro educativo. 

 

PREVIMOS CON SENTIDIÑO

Estimadas familias,

 

Dende o centro educativo queremos en primeiro lugar felicitar a toda a Comunidad Educativa polo ben que se está a seguir a nova normativa de prevención contra a COVID19.

 

Esta nota informativa ten como fin recordar a todos o pais/nais estas normas que todos debemos de seguir para seguir favorecendo a prevención:

 

·   Diariamente, na casa, antes de ir ao colexio, tomarase a temperatura a cada neno/a. Aqueles alumnos/as que teñan síntomas como febre, tos, disnea ou calquer outra sintomatoloxía compatible con COVID19 (deben seguir esta enquisa a modo de guía), NON PODERÁN ACUDIR AO COLEXIO e deberán comunícalo ao seu centro de saúde de referencia.

 

·   É MOI IMPORTANTE notificar ao titor/a por vía telefónica ou vía abalar o motivo da ausencia de cada alumno/a.

 

·  Xa temos plenamente operativa a Aula Virtual do CEIP A Castellana, polo que debemos familiarizarnos coa mesma, para continuar (de ser necesario) coa actividade lectiva por dita vía.

 

·  Tamén se atopa en pleno funcionamento ABALAR móbil, polo que todas as familias deben ter a APP instalada para revisar posibles notificacións internas dos titores/as e deste xeito mellorar a comunicación.

 

  

Moitas grazas a todos e todas por a comprensión e o bon facer, de novo reiterar a todos os nenos e nenas a máis sincera noraboa pola responsabilidade mostrada nestas primeiras semanas de curso.

 

Cordialmente, o director.  

Videotutoriais para acceso á Aula Virtual

Co fin de facilitar a aprendizaxe dixital do acceso ás Aulas Virtuais a todo o alumnado e familias, elaboramos videotutoriais sinxelos para a facilitar a comprensión. 

Pese a que estamos a ensinar de xeito individual e en cada grupo/clase, creemos convinte crear estes vídeos de axuda, por se alguén en algún momento precisa recurrir a eles e deste xeito, facilitar o acceso a ditas Aulas Virtuais. 

O fin destas Aulas, e meramente pedagóxico, ademais fomentamos deste xeito o uso das TICs nos alumnos/as.

Porén, para que todo o alumnado se acostume a empregalas de xeito natural e eventual, debemos familiarizaros con elas o máis pronto posible. 

 

- VIDEOTUTORIAL PARA ACCEDER Á AULA VIRTUAL DENDE ORDENADOR

No seguinte vídeo, mostramos os pasos a seguir para aqueles alumnos/as que dispoñan de ordenador de sobremesa ou portátil.

- VIDEOTUTORIAL PARA ACCEDER Á AULA VIRTUAL DENDE APP (MÓBIL OU TABLET)

No caso de aqueles alumnos/as que non dispoñan de ordenador, poden acceder mediante unha APP para móviles ou tablets. No seguinte vídeo ensinamos os pasos a seguir. 

 

Para calquera consulta, non dubidedes en escribirnos ao noso correo ceip.castellana@edu.xunta.gal.

 

Esperamos que vos sirva de axuda.


Un saúdo.

 

 

 

Xuntos e con Sentidiño!

Pasados estes primeiros días de inicio de curso, que foron para nós unha proba de lume despois de moitas horas de planificación e preparación, podemos afirmar que estamos absolutamente preparados para funcionar coa máxima seguridade durante todo o curso.

 Queremos agradecer á toda a comunidade educativa, pais, nais e moi especialmente aos nosos nenos/as a súa actitude exemplar de respeto e cumprimento das normas establecidas!

 

A mais sincera noraboa a todo o alumnado por amosar unha gran responsabilidade.

Tamén nos gustaría agradecer toda a axuda mostrada pola ANPA e o Concello de Aranga.

 

Somos unha gran familia e imos saír desta como facemos todo sempre: Xuntos!

 

Moitas grazas a todos/as.

 

 

Aprendemos máis sobre o COVID19

Nesta páxina incorporaremos recursos que que poden ser útiles en forma de material infográfico e videos ou xogos que poden utilizarse tanto para os/as alumnos/as como para o persoal e profesorado da comunidade educativa 

1. Erros máis frecuentes no uso da máscara.

Vídeo realizado pola Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras onde, dunha forma lúdica explica cales son os erros máis comúns no uso da máscara e a forma adecuada de utilizala. Para novos e maiores. 

 

2. Como realizar unha correcta hixiene de mans. 

Este video creado pola Consellería de Sanidade, explica como debe facerse unha correcta hixiene de mans con agua e xabón e está dirixido especialmente aos máis pequenos. Está adaptado á linguaxe de signos. 

 

 

3. Xogo “escapa do virus”

Trátase dun xogo de preguntas e respostas en versión Comecocos (Pac-Man) e que contén tres niveis de dificultade:

a) de 8 a 10 anos,

b) de 11 a 16 anos e

c) de máis de 16 anos.

Axuda a reforzar os coñecementos sobre o SARS-CoV-2 dunha forma lúdica.

 

 

 

4. Canto sabes do coronavirus?

Trátase dun xogo de preguntas e respostas en bloques de distintos niveis de dificultade.

Permite que na clase se poida reforzar o coñecemento sobre a Covid-19.

 

ABALAR MÓBIL, MELLORAMOS A CONECTIVIDADE COAS FAMILIAS

Coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, queremos falarvos de abalarMóbil.

Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

A maioría das familias xa o teñen instalado, xa que é a mesma Aplicación coa que puidestes ver o Boletín de notas no 2º Trimestre do curso pasado. 

Igualmente, queremos recordar a todos e todas a importancia de instalar dita aplicación nos móviles para manter tamén maior conectividade co centro. 

A páxina web do centro será o canle oficial onde se irá mostrando ao longo do curso información de interese. Sen embargo, engadimos tamén a opción de Abalar Móbil, para que cada titor/a poida tamén facer avisos máis específicos ou comunicacións máis concretas cos pais/nais. 

Recordade que tamén podedes poñerse en contacto con nos, chamando ao centro educativo ou ben por correo electrónico. 

 

¿CÓMO DESCARGO A APLICACIÓN ABALAR MÓBIL? 

É moi sinxelo. A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Google Play Store (se o sistema operativo é Android). 

 

 

As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 

• Acceder aos datos persoais
• Consultar as cualificacións
• Solicitar unha cita de titoría
• Consultar os datos do centro educativo
• Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
• Consultar as  incidencias creadas polo profesorado
• Acceder á mensaxería de abalarMóbil, que é unha nova funcionalidade que tén como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e os responsables do alumnado, ou entre o profesorado e este.
 
 
 
Ademáis, compartimos con vos un pequeno videotutorial para facilitar a instalación.

 

 

NOTA: Se algún pai/nai tivera algún problema coa instalación da Aplicación, non dubidedes en contactar con nos por chamada ou correo electrónico e solventaremos a incidencia na maior brevidade de tempo: 

ceip.castellana@edu.xunta.gal

 

 

PREVIMOS, CENTRO SEGURO, CENTRO ABERTO

Compartimos con todos vos, un resumo moi visual, para ter en conta antes de saír dos nosos fogares. Fai clic na imaxe para ver en tamaño completo.

 

 

ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA DO COVID-19

Esta enquisa pretende ser útil para que a comunidade educativa poida identificar síntomas clínicos de sospeita de ter infección por coronavirus. De presentar calquera destes síntomas solicite consulta no seu centro de saúde. 

MENÚ COMEDOR - MES DE OCTUBRE

  

5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Distribuir contido


by Dr. Radut