Pasados estes primeiros días de inicio de curso, que foron para nós unha proba de lume despois de moitas horas de planificación e preparación, podemos afirmar que estamos absolutamente preparados para funcionar coa máxima seguridade durante todo o curso.
Queremos agradecer á toda a comunidade educativa, pais, nais e moi especialmente aos nosos nenos/as a súa actitude exemplar de respeto e cumprimento das normas establecidas!
A mais sincera noraboa a todo o alumnado por amosar unha gran responsabilidade.
Tamén nos gustaría agradecer toda a axuda mostrada pola ANPA e o Concello de Aranga.
Somos unha gran familia e imos saír desta como facemos todo sempre: Xuntos!
Moitas grazas a todos/as.