Skip to Content

ABALAR MÓBIL, MELLORAMOS A CONECTIVIDADE COAS FAMILIAS

Coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, queremos falarvos de abalarMóbil.

Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

A maioría das familias xa o teñen instalado, xa que é a mesma Aplicación coa que puidestes ver o Boletín de notas no 2º Trimestre do curso pasado. 

Igualmente, queremos recordar a todos e todas a importancia de instalar dita aplicación nos móviles para manter tamén maior conectividade co centro. 

A páxina web do centro será o canle oficial onde se irá mostrando ao longo do curso información de interese. Sen embargo, engadimos tamén a opción de Abalar Móbil, para que cada titor/a poida tamén facer avisos máis específicos ou comunicacións máis concretas cos pais/nais. 

Recordade que tamén podedes poñerse en contacto con nos, chamando ao centro educativo ou ben por correo electrónico. 

 

¿CÓMO DESCARGO A APLICACIÓN ABALAR MÓBIL? 

É moi sinxelo. A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Google Play Store (se o sistema operativo é Android). 

 

 

As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 

• Acceder aos datos persoais
• Consultar as cualificacións
• Solicitar unha cita de titoría
• Consultar os datos do centro educativo
• Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
• Consultar as  incidencias creadas polo profesorado
• Acceder á mensaxería de abalarMóbil, que é unha nova funcionalidade que tén como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e os responsables do alumnado, ou entre o profesorado e este.
 
 
 
Ademáis, compartimos con vos un pequeno videotutorial para facilitar a instalación.

 

 

NOTA: Se algún pai/nai tivera algún problema coa instalación da Aplicación, non dubidedes en contactar con nos por chamada ou correo electrónico e solventaremos a incidencia na maior brevidade de tempo: 

ceip.castellana@edu.xunta.gal

 

 



blog | by Dr. Radut