Skip to Content

Blogue de Pablo Sanchez

Instruccións para facer de forma axeitada un test de antíxenos en saliva

Dende o CEIP A Castellana, recordamos a necesidade de retomar todas as precaucións posibles neste trimestre

Debido a elevada cantidade de contaxios existentes, o Sergas pon a disposición de todos os pais/nais, un test de autodiagnóstico gratuito nas farmacias.

Dito test e moi sinxelo de realizar e pode ser unha medida preventiva eficaz

Para todos aqueles/as que desexen facelo en calquera momento, a continuación compartimos un vídeo de cómo se fai correctamente.

Volver a casa por Nadal!

No día de hoxe estivemos a celebrar, bailar e cantar unha música moi marchosa. 

Desfrutamos todos xuntos no pabillón do colexio interpretando a canción Xabarín & xababanda, de Manuel M. Romón e Pablo Novoa.

Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades que ben moven o esqueleto estes nenos e nenas!

 

Ademáis, grazas a colaboración do Concello de Aranga, estivemos a desfrutar dunha fermosa actuación. Un contacontos co que o pasamos en grande e rímonos moito! 

 

Dende o CEIP A Castellana, queremos desexarvos a todos e todas unhas felices festas e un próspero Aninovo. 

Esperamos de corazón que veña cheo de ledicia e sobre todo, de moita saúde para todos e todas!

Vémonos á volta do Nadal, para comezar o aninovo con forza e gañas!

 

 Despois de toda esta festa, recargamos enerxía cun bo chocolate quentiño e un pouquiño de larpeira!

Pulsómetros deportivos

Xa chegou o Nadal!

Na clase de Inglés os alumnos e alumnas do CEIP A Castellana estiveron a adornar ata as fiestras do colexio!!

Coido que era para que o apalpador vexa ben o noso colexio e nos traiga algún regaliño nestas datas. 

Aínda que como xa sabemos, o mellor regalo é a saúde. Sobre todo nestes tempos que corren. 

Esperamos que vos gusten estas fermosas imaxes!

 

 

Estreliñas de Nadal con Papiroflexia!

O origami ou papiroflexia é unha arte xaponesa no que a través do encartado do papel elabóranse diferentes figuras e formas. Desde o clásico barco de papel a elementos moito máis elaborados.

A práctica do origami é beneficiosa para todo o mundo, pero aos nenos pode estimularlles tanto física como mentalmente.

Supón un desafío para eles e un reto co que ademais de divertirse están a aprender.

1- Axuda a desenvolver a coordinación mano-ollo e a motricidade fina

2- Estimula a concentración

3- Activa a memoria

4- Desenvolve a paciencia

5- Potencia a satisfacción emocional

6- Fomenta a imaxinación

 

Os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria estiveron a traballar a papiroflexia facendo estreliñas de Nadal.

 

Moi quentiños ao carón da cheminea!

A Aula de 1º e 2º de Educación Primaria amenceu hoxe cunha fermosa decoración de Nadal. 

Como podedes ver na imaxe, a porta atópase adornada cun enorme árbore de Nadal.

Estes rapaces e rapazas son unhos artistas!

 

Ademáis, dende a semana pasada e moi quentiños ao calor da cheminea, os alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria, realizaron actividades moi divertidas e entre elas, están estes calcetíns tan bonitos e coloridos.

Neles puxeron o nome que lles tocou dun ou dunha compañeira de clase e os describiron con 3 adxectivos.

 

O apalpador e a nena sen medo!

Mañá despedimos o ano e con el o primeiro trimestre. Estamos desexando que chege mañá para ver esta actuación chamada "O Apalpador e a nena sen medo", un gran contacontos con monicreques para o celebrar o Nadal. 

Esta actuación corre a cargo do Concello de Aranga, porén dende o centro educativo agradecemos enormemente a colaboración.

 

Ademáis, mañá celebraremos unha actuación con moito ritmo que estamos desexando ensinarvos!

Subiremos un vídeo tamén á páxina web para que todos e todas podades ver o ben que bailamos! 

 

Fermosos árbores de Nadal!

A continuación compartimos con todos vos os fermosos árbores de Nadal que elaboraron os nenos e nenas do CEIP A Castellana nos seus fogares.

Unhas decoracións que sen dúbida denotan unha gran imaxinación.

Estamos moi contentos pola gran participación de todos e todas.

Calendario de advento para traballar as emocións!

O Nadal é unha época ideal para potenciar os valores da bondade, a xenerosidade, o amor e a amizade e facer conscientes aos nenos e nenas da importancia que ten ser agradable co resto das persoas que lles rodean.

Ademais, os nenos e nenas viven ilusionados durante estes días posto que é unha etapa realmente máxica para eles, sendo sen dúbida una das súas épocas favoritas.

Os valores son útiles e necesarios durante todos os días da nosa vida, pero non sempre lévanse a cabo e esquécense elementos esenciais para convivir como persoas en amor e harmonía.

Por iso dende o CEIP A Castellana, aínda que os valores trabállanse durante todo o curso escolar, todos e todas estivemos a profundar un pouquiño máis a través dun calendario de advento en forma de árbore de nadal, estes valores.

Durante este mes de decembro, estivemos a traballar distintos valores/emocións a través de diferentes actividades.

 

A continuación podedes ver algunhas das tarefas que estivemos a traballar cos alumnos e alumnas co fin de fomentar a educación en valores seguindo o calendario de advento.

No seguinte vídeo, podemos ver distintas tarefas de traballo cooperativo, co fin de fomentar a solidaridade, o compañerismo e o traballo en equipo.

 

Ademáis, estivemos a destacar aspectos tan importantes como a familia e a felicidade. 

 

Sen dúbida, pasámolo en grande, visitando cada día o noso calendario xigante, co fin de descubrir a palabra do día. 

 

 

Un mundo para todos e todas!

Hoxe estivemos a celebrar o día da discapacidade. Dende ben pequenos temos que ter conciencia da importancia que supón ter un mundo inclusivo no que todos e todas nos sintamos integrados.

Debemos asegurar unha correcta educación inclusiva que responda as necesidades de todos os alumnos fronte a enfoques discriminatorios, co fin de loitar contra a  estigmatización e a discriminación,  logrando así unha completa integración tanto social como laboral dos mozos con discapacidade.

Desta maneira, educando aos nenos e nenas nun ambiente igualitario no que se considere a diversidade como unha oportunidade para aprender, lograrse reforzar a capacidade destes pequenos para superar barreiras, alcanzar obxectivos e sobre todo, para que se respecten a si mesmos dentro dun camiño que debe levarlles a potenciar ao máximo o seu desenvolvemento educativo, laboral e social.

Hoxe os alumnos e alumnas de Educación Infantil fixemos un círculo enorme para incluírnos a todos e todas para que ninguén quedara fora!

A educación e a mellor ferramenta para previr a Violencia de Xénero!

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, coa finalidade de visibilizar a violencia contra as mulleres e nenas a nivel mundial.

Sen dúbida, a violencia machista é unha das principais secuelas da sociedade actual e está nas mans de todos nós erradicala.

A educación sempre é a mellor ferramenta para previr a violencia! Por iso, a educación en valores como a igualdade debe ser fundamental en todas as etapas educativas.

En concreto, a Educación Primaria é unha das principais.

Dende o CEIP A Castellana traballamos dende idades temperás para adquiririr coñecementos que serán piares da personalidade e a formación académica do individuo.

A violencia de xénero é un tema que se debe abordar desde nenos. Por iso, compartimos con todos vos algunha das imaxes das tarefas que fixemos dende o centro educativo. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut