Skip to Content

Celebramos o día do libro

No día de hoxe, estivemos a celebrar o día do libro. Unha fermosa xornada, onde todo o centro desfrutou da lectura no pabillón do colexio. 

A lectura enriquece a nosa cultura, mellora a nosa linguaxe, desenvolve a capacidade de concentración e a memoria, estimula a imaxinación… son algúns dos moitos beneficios de fomentar o hábito da lectura nos máis pequenos.

Dende nenos é imprescindible fomentar nos nosos fillos o amor pola lectura. Unha tarefa que ás veces non resulta nada fácil debido á gran avalancha doutras actividades de lecer tecnolóxico que poden gustarlles máis.

Con todo, é fundamental concienciarnos dos beneficios que terá para o futuro dos nenos e nenas o feito de que desde que aprenden a ler, comecen a saber gozar e divertirse cun bo libro e fomenten así este proveitoso hábito.

 

 



blog | by Dr. Radut