Blogues

O MAIO NA ALDEA DE MEIRO AFAMO

 

 Este martes 25 recibimos a grata visita de Martina e de Xavier Blanco, ambos membros da Asociación de Familiares de Persoas Afectadas de Alzheimer do Morrazo (AFAMO). Nos estiveron contando un pouquiño a súa labor tan importante que realizan coas persoas maiores para mellorar a súa calidade de vida e dos seus familiares.

Tamén falamos dos Maios, a importancia de recuperar unha tradición ancestral e os tipos de Maios que hai. Despois entre todos fixemos a letra do noso Maio para cantar ao día seguinte na casa da Aldea de Meiro.

Unha vez alí, todo foi diversión. Pasamos unha mañá moi divertida e moi educativa, ollade no vídeo o ben que o pasamos.

MIL GRAZAS POLA INVITACIÓN, FOI UNHA ACTIVIDADE FANTÁSTICA!!!

 

OBRADOIRO DE NÓS MARIÑEIROS

Como sabedes, este curso o noso centro volve participar no festival solidario ART FOR CHANGE, que terá lugar o vindeiro sábado 29 de abril. Con tal motivo, colaboramos coas familias para elaborar un dos produtos que se van vender neste día no noso stand: chaveiros de nós mariñeiros.

As mestras non tiñamos nin idea de cómo facer isto, pero sabíamos que nun pobo mariñeiro como Bueu habería moitos expertos e expertas no tema, e decidimos pedirlles axuda. A resposta foi moi positiva, xa que acudiron ao obradoiro avós, pais, nais, tíos…

A actividade foi todo un éxito, e tanto o alumnado coma as familias quedaron satisfeitos co traballo realizado. Agradecemos a vosa implicación, e agardamos vervos mercar moitos chaveiros o sábado na Praza Massó!

CHAPUZANDO NA PISCINA

  

No terceiro trimestre o alumnado do e ciclo decidimos  facer unha visita ás instalacións da Piscina Municipal de Bueu. Cargamos a mochila ao lombo, cun bañador, unha toalla, un gorro... e aló fomos todos-as xuntos-as andando ata a piscina.

Os primeiros en baixar foron os de de E. Primaria, o luns  en dúas quendas.

O mércores tocoulles a vez ós maiores, os de E. Primaria.

O xoves os de e para rematar esta tanda o luns 24 cos máis pequenos os de de E. Primaria.

 

 

 

Para algúns era a súa primeira vez e os nervos afloraban. Ao chegar distribuíronnos en dous vestiarios onde nos preparamos para mergullarnos e gozar da auga quente. Alí un monitor explicounos como realizar a respiración baixo a auga, que estilos había, como lanzarnos, por onde tiñamos que facer o percorrido.... Rematamos a actividade cun xogo e a recollida do material. Só nos quedaba darnos unha ducha para sacar o cloro, cambiarnos e voltar secos ao colexio para seguir co resto das clases. Esperamos poder repetir outro día. Grazas DiegoCristian e Ana. 

 

Actividades interesantes que levamos realizando ao longo do curso en 6º

Antes do Nadal a Asociación Érguete deunos unhas charlas sobre as condutas aditivas ás substancias tóxicas e durante o mes de maio serán sobre as adicións ás novas tecnoloxías.

O 8 de novembro recibimos, nas aulas de 6º, a membros do equipo

directivo do Xoán Carballeira que nos deron unha charla sobre como funciona o Instituto.

O 9 de novembro celebramos o Magosto e o 8 de novembro visitamos o Clube de Remo con Goretti, a profe de Educación Física, e probamos as diferentes actividades que alí se realizan.

O 23 de novembro, Pedro Meira Rodríguez, arquitecto e gañador, xunto co seu equipo de máster, da Novena edición do Premio Playstation, co xogo Balam (Bounce Hell, un orixinal título de estilo bullet hell, acadou facerse co galardón ao Mellor Xogo do Ano) deunos unha interesantísima charla sobre como se crean os videoxogos.

O 1 de decembro realizamos unha divertida actividade de Igualdade de Xénero proposta polo CIM.

O 21 de decembro tivemos un interesante obradoiro sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas no que se falou do cormorán e de diferentes especies acuáticas e terrestres das Illas.

Aprendemos tamén a facer un “Bocata Saudable” empregando alimentos enlatados.

O 23 de xaneiro realizamos unha visita ao Instituto Xoán Carballeira onde fomos moi ben recibidos por membros do profesorado, equipo directivo e antigos alumnos que nos ensinaron o centro en pequenos grupos.

O 7 de febreiro, Mariña, Ofelia, Carmen Castro e Noa fixeron unha lectura e interpretación do conto “un máis” á rapazada de 4 e 5 anos de Infantil.

O 13 de febreiro fomos, de público en directo, a un programa de

radio da Cadea Ser no Instituto Xoán Carballeira e gañamos unhas

empanadas que os nenos e nenas saborearon nun recreo.

O venres 17 de febreiro celebramos o Entroido cos traxes

realizados no cole. Fomos de pezas de Xadrez.

O 6 de marzo coñecemos e practicamos Gospel da man de Diana que nos ensinou a facer quecementos coa voz e despois divertímonos moito cantando. Moitas grazas!!

Practicamos os xogos polo Día 8 de marzo, o día 10 de marzo, “Xogos pola Igualdade” organizados polo Concello en colaboración coa Asociación Juan XXIII.

E este trimestre xa vén rebosante doutras moitas e

interesantes actividades!!

Un saúdo que axiña continuamos!

No xardín do poeta 4ºA

Neste segundo trimestre, a rapazada de 4º estivemos lendo o libro "No xardín do poeta" e o noso curso decidiu aprenderse algunhas poesías e recitalas por equipos.

Aquí tedes o resultado, moi ben, rapacxs!!

 

Experimentos 4ºA

Para rematar o proxecto de ciencias, os rapacxs de 4ºA prepararon por parellas un experimento, que tiñan que explicar logo. Pasámolo moi ben!

Premede para ver o vídeo.

POETAS METEOROLÓXICOS

A semana anterior a Semana Santa, tocounos ao curso de 4ºA recoller os datos da caseta meteorolóxica. Desta vez, tivemos un pouco de todo: tanto sol coma choiva.

Coma neste trimestre estivemos estudando a poesía, decidimos inventarnos por equipos uns poemas sobre meteoroloxía. Ollade a continuación o ben que nos saíron!

 

 

 

 

 

 

VISITA AO MERCADO

O martes 21 de marzo o alumnado de 1º e 2º xunto coas súas mestras visitou o mercado de Bueu. Resultou ser unha visita moi didáctica e interesante porque os nenos e as nenas estiveron en contacto con produtos de cercanía e comprobaron de preto o delicado que é traballar cos alimentos. Os profesionais da praza atenderon moi ben todo o alumnado e lles ensinaron moitas cousas dos produtos que vendían e responderon amablemente as súas preguntas. Aquí quedan algunhas fotos da visita. Dende aquí queremos agradecerlle o seu esforzo e dedicación.

 

  

 

GAMIFICANDO CO LOBO LUPAS

No 2º trimestre, o alumnado de 1º de primaria levou a cabo un proxecto sobre os lobos. E como este curso estamos aprendendo xogando, fixemos unha gamificación guiada polo Lobo Lupas, o protagonista do noso libro de lecturas.

Podedes ver este vídeo que resume o proxecto, premendo na imaxe.

Logo de superar o reto colocámonos para que a profe nos retratara diante do traballo realizado en equipo xunto coa lupa ESPECIAL.

 

OS FURABOLOS ESTÁN NAS NUBES!

O día da meteoroloxía, os FURABOLOS da Pedra, que son os máis pequeniños da escola, presentáronnos o seu proxecto sobre NUBES.

Se premedes na imaxe atoparedes todas as actividades que fixeron e canto aprenderon.

Noraboa Furabolos, xa sodes uns expertos meteorólogos!!!

Distribuir contido