Saltar navegación

7.2 - Configura as categorías


 Cando creamos un curso ex novo o estado de Libro de cualificacións é este:

Libro de cualificación dun curso novo

Nun curso de nova creación atoparemos este libro de cualificacións: 

Neste titorial veremos os pasos para configurar o Libro de cualificacións dun curso creado a partir do Modelo de cursos Platega, que xa ten creadas/configuradas algunhas cousas

Configuración inicial do Libro de cualificacións do  Modelo de cursos Platega

Estado do libro de cualificacións dun curso creado co Modelo de cursos Platega

Xa ten creados e/ou configurados:

  • Unha categoría para o módulo de presentacións.
  • 5 categorías para módulos estándar cos Números ID correspondentes.
  • As categorías xa teñen configurado o modo de agregación de cualificacións: Media ponderada.
  • As categorías computan as tarefas baleiras ou non entregadas.
  • Configurada a fórmula para o cálculo nota final no Total do curso.

Se partes dun curso completamente novo necesitarás configurar previamente estes aspectos

Pasos

Abre Categorías e elementos > Axustes do Libro de cualificacións:

Lapelas para a configuración 

O primeiro paso para facer os Axustes do Libro de cualificacións é configurar as "categorías" (así as denomina Moodle) que ten o Libro. Necesitaremos tantas categorías como módulos ten o curso: 

  • Módulo 0 - Presentacións
  • Módulos 1 ao n - Tantas categorías como Módulos con tarefas cualificables, 

2.1 Configura as categorías do cualificador

2.1.1 Entra no se menú Editar > Editar a configuración:

Menú Editar dunha categoría do Libro de cualificacións

2.1.2 Edita a configuración da categoría:

  • Nome da categoría (ponlle o mesmo título que ao seu módulo do curso),
  • Agregación (elixe sempre Media ponderada de cualificacións),
  • Opción Engadir só as cualificacións non baleiras, desmarcada,
  • Cualificación máxima ou puntos que aporta esa categoría ao total do curso (coincide coa ponderación),
  • Ponderación do elemento, indica o peso ou porcentaxe desta categoría no total do curso. A suma  total das ponderacións de tódalas categorías do Libro debe ser 100.

Opcións de configuración dunha categoría do Libro de cualificacións.

2.1.3 Engade a ponderación das tarefas correspondentes a esa categoría. As ponderacións das tarefas de cada módulo deben sumar 100 

Ponderación das tarefas dunha categoría.  

Unha vez configurada amosarase deste xeito:

Categoría configurada correctamente

2.2 Calcula a cualificación total 

2.2.1 Abre a edición do cálculo da cualificación final do curso, no Total do curso: 

Editar o total do curso

Comproba quea agregación co figurada sexa a Media ponderada de cualificacións.

2.2.2 Configura a fórmula de cálculo de la cualificación final do curso. No Modelo de cursos Platega os números ID do Total das categorías e a fórmula de cálculo correspondente é:

Fórmula de cálculo do total do curso preconfigurada no modelo de cursos Platega

Se configuras un curso creado co Modelo de cursos Platega unicamente debes eliminar do curso, ou engadir, os módulos que sobren ou falte e editar a fórmula de cálculo engadindo previamente os número ID das categorías se engades máis módulos. Está configurado para 8 módulos: 

  • 1 Módulo de presentación
  • 6 Módulos para as tarefas cualificables
  • 1 Módulo de avaliación das competencias profesionais

Recoméndase eliminar os módulos que non se empreguen e as categorías correspondentes no Libro por limpeza e simplicidade.  Se non eliminas módulos do curso non é necesario eliminar as categorías correspondentes sobrantes limitándote a ocultalas no libro; neste caso non é necesario que as elimines da fórmula.

Se configuras un curso creado ex novo atoparás baleiros tanto o cadro para a fórmula coma os números ID do total das categorías. Por elo, en primero lugar debes crear os números ID e, en segundo lugar, engadir/editar a fórmula correspondente:

=sum([[modulo00]]+[[modulo01]]+[[modulo02]]+[[modulo03]]+[[modulo04]]+[[modulo05]])

edita esta fórmula substituíndo os números ID (en vermello) polos creados por ti: elimina os que sobren ou engade os que falten. A fórmula limítase a sumar "=sum" os númerosID configurados no Libro e que constan na fórmula.

En calquera caso, presta moita atención á sintáxis da fórmula: corchetes e paréntesis, sen espazos en branco. Por exemplo, se os números ID aparecen 4 corchetes na fórmula pon tamén 4 corchetes. Moodle rexeitará as fórmulas incorrectas ata que introduzas unha correcta.

Oculta as categorías non empregadas, para que non se amosen aos participantes.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)