4.1 - Comentarios
Utilidade do recurso "Comentarios"
Esta actividade de Moodle permite construír cuestionarios ou enquisas utilizando distintos tipos de preguntas (abertas e pechadas) co fin de recompilar datos dos usuarios, resultando especialmente relevantes para as avaliacións iniciais ou terminais do proceso de ensino / aprendizaxe.
Fundamentalmente empréganse na avaliación inicial. Permite recoller información, datos... de xeito anónimo ou nominal. As avaliacións diagnósticas deben ser nominais mentres que a avaliación final feita polos participantes debe ser anónima, para non coartar a liberdade.
As avaliacións iniciais son nominais pois se trata de identificar os coñecementos, puntos de vista, experiencias... dos participantes para construír coñecemento a partir de aí. A titoría do curso debe coñecer a situación de partida de cada participante. A utilidade destas enquisas iniciais debe ser dobre, pois servirá tanto á titoría coma ao propio estudante para facer conscientes aquelas ideas, conceptos, actitudes, pensamentos, experiencias... relacionadas coa temática que a continuación se vai traballar.
Exemplo de actividade "Comentarios"
Configuración base da actividade
Unha vez creada a actividade, cómpre entrar nela para asignar as distintas preguntas:
Engadindo preguntas
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0