Saltar navegación

2.7 - Crea Libros con contidos

Os "libros" de Moodle permite incorporar maior cantidade de información aos cursos virtuais que as "Páxinas" pois posibilitan crear varias páxinas cun menú lateral de navegación. Os paquetes de contidos, creados con eXeLearning por exemplo, facilitan introducir cantidades de información aínda moito maiores. Os "libros" amósanse integrados no propio curso presentando os seus contidos: texto, imaxes, vídeos, presentacións, flash...

O recurso "Libro" permite incorporar una maior cantidade de información, multimedias, imaxes... que "Páxina". O libro permite "capítulos", é dicir, páxinas dentro do libro e, ademais incorpora unha árbore de navegación polo libro.

É útil e adecuado para empaquetar unha pequena cantidade de contidos, 3, 4, 5... páxinas.

Neste exemplo, empregaremos a bitácora do curso:

Exemplo de libro

Configuración

Para poder editar un libro, debemos entrar nel (NON é posible engadir ou modificar contido desde o menú de axustes). Co modo edición activo, 

Libro sen modo edición activo

Libro co modo edición activo

Na parte dereita podemos ver varias iconas:

  • As frechas: permiten mover o capítulo.
  • A roda dentada: permite modificar o capítulo coma se fose unha páxina (é dicir, con editor de texto).
  • O cubo: permite eliminar o capítulo.
  • O ollo: permite ocultar ou amosar un capítulo.
  • O signo "+": permite engadir un novo capítulo despois do capítulo seleccionado.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)