Saltar navegación

4.4 - Obradoiros paso a paso

Utilidade dos obradoiros

Os obradoiros son un tipo de actividade onde as persoas participantes poderán crear un produto (un traballo, un documento...) que posteriormente compartirán con outros membros do seu grupo (ao chou ou asignados manualmente). Cada un dos membros contará cunha rúbrica deseñada pola persoa titora/creadora, coa que avaliará o traballo do seu compañeiro/a. A valoración da actividade dependerá tanto da cualificación obtida na avaliación como na proximidade da valoración realizada pola persoa participante á media de cualificacións do resto de correctores.

1 - Configuración

A creación e configuración dun "obradoiro" pasa por varias fases, que podes ver á esquerda, debaixo do epígrade "Obradoiros paso a paso". A aula virtual encárgase de informarnos sobre os pasos dados e sobre os que faltan. O primeiro paso é crear a propia actividade de Obradoiro. Vexamos a secuencia de creación mediante e configuración mediante capturas de pantalla.

1. Crea o obradoiro. Activar edición > Módulo X > Engadir unha actividade ou recurso > Obradoiro

  • 1.1 Configúrao no seu formulario: Editar > Editar configuración. Esta captura recolle unha configuración típica dun obradoiro:

Exemplo de configuración

  • 1.2 Comproba os pasos realizados. Unha vez gardado a aula virtual infórmanos da fase na que estamos (fondo verde), dos asuntos resoltos e dos aínda pendentes.

Exemplo de comprobación

2 - Definindo a rúbrica

2. Configura a rúbrica de avaliación do obradoiro:

2.1 Preme en Editar o formato de avaliación, na fase de configuración do obradoriro do cadro das fases. Crea tantos "criterios" como desempeños se vaian avaliar.

Fíxate que podes valorar con puntos os diferentes niveis de logro. Na imaxe segunte valóranse 3 niveis con 0, 1 e 2 puntos respectivamente, pero poderían ser 0, 2 e 4. Deste xeito podes darlle máis ou menos peso (puntos) aos niveis de logro en cada desempeño en función da súa  dificultade, complexidade, tempo requerido etc...

Na seguinte imaxe tes un criterio xa configurado:

Criterio de avaliación configurado

2.2 Compara a rúbrica coa vista previa. Unha vez completa a rúbrica preme en "Garda e facer unha vista previa" e amosarase. A configuración das capturas anteriores produce esta rubrica: 

2.3 Comproba os pasos realizados:

Comprobación

3 - Exemplos de envío

Os obradoiros posibilitan que facilitemos aos participantes un exemplo xa resolto da tarefa e unha avaliación de referencia feitas pola titoría. É algo OPCIONAL, non é obrigatorio facilitar o exemplo, aínda que si moi recomendable polo orientativo que é para o participante ver un traballo similar ao que debe elaborar e coñecer e aplicar a rúbrica coa que se avaliará o seu antes de que faga a tarefa. Mesmo podemos configuralo para que o avalíen ben antes de que faga o envío do seu traballo, ben despois de que faga o seu envío e antes de que avalíe aos compañeiros ou compañeiras ou ben que o faga voluntariamente. 

 Pasos:

3 Comproba a fase na que estamos e seguinte paso:

Comprobación

Se queremos que o alumnado avalíe un exemplo de tarefa feita teremos que marcar o Check en "Envíos de exemplo", (na configuración xeral do obradoiro, paso 1).  Este paso obriga aos participantes a analizar unha tarefa-exemplo e a aplicarlle a rúbrica de avaliación, a mesma que se aplicara ao seu traballo.

  • 3.1 Configura as opcións de "Envíos de exemplo" no formulario de configuración do obradoiro (paso 1).

Envíos de exemplo

  • 3.2 Engade o envío do exemplo e practica unha avaliación de referencia. O exemplo facilitado pode ser un arquivo ou un texto en liña, pero debe ser similar ao que será solicitado ás persoas participantes.

Engadindo un envío de exemplo

3.3 Avalía o exemplo e facilita unha avaliación de referencia. A avaliación de referencia amosarase ao participante despois de que faga a avaliación do exemplo.

Configurando a avaliación de referencia

O obradoiro xa ten este aspecto, listo para usarse, aínda que podemos revisar, completar, modificar... o que sexa necesario:

Comprobación

  • 3.5 Proporciona instrucións para a avaliación, no formulario de configuración do obradoiro (paso 1) en "Axustes da avaliación", na que lles debes indicar os pasos que deben dar,  por exemplo:

Establecendo instrucións para a avaliación

4 - Conclusión da actividade

Xa tes o obradoiro practicamente configurado, unicamente falta engadir o comentario que se amosará aos participantes cando, despois de rematar a fase de revisión das cualificacións, a titoría poña o obradoiro na fase: Pechar.  

  Pasos:

4. Proporciona unha conclusión da actividade. No recadro de fase de cualificación das avaliacións, na parte baixa, aparece "Proporcionar unha conclusión da actividade" na que debemos escribir a mensaxe que lle aparecerá aos participantes cando entren no obradoiro depois de pechalo para ver as súas cualificacións:

Establecendo a conclusión da actividade

Aproveita para engadir un comentario aclaratorio das cualificacións do obradoiro, por exemplo:

"Obradoiro pechado

Unha vez pechado o taller amósanse as cualificacións:

Liches comentarios feitos polas compañeiras e compañeiros? É mellorable algún aspecto do teu curso? Para ver as avaliacións do teu traballo feitas polos teus compañeiros debes premer enriba do título do teu traballo. Alí verás as valoracións feitas na rúbrica e os comentarios das compañeiras ou compañeiros.

O Obradoiro aporta dúas cualificacións:

Cualificación do teu traballo: É a media das cualificacións recibidas polo teu traballo.
Cualificación das avaliacións feitas por ti: Calcúlase respecto da media das cualificacións recibidas polos traballos que tí avaliaches. A túa cualificación calcúlase en función de canto se afasta a túa avaliación da dos teus pares, da valoración media dese traballo. Canto máis se achegue á media á cualificación que puxeches, maior será a túa cualificación e canto máis se afaste da media menor será a túa cualificación."


Listo!... o obradoiro  está preparado para que cando se imparta o curso lle poñamos as datas das fases e abramos a fase de envíos clickando en "Cambiar para a fase seguinte, na comprobación:

Cambiar á fase seguinte

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)