2.6 - Crea páxinas con contidos
As "Páxinas" de Moodle permiten incorporar pequenas cantidades de información aos cursos virtuais. Dispoñemos de outras alternativas, como ao Libros, que posibilitan crear varias páxinas cun menú lateral de navegación ou paquetes de contidos, creados con eXeLearning, que podemos publicar no curso virtual como páxina web (HTML). Verémolas a continuación.
Emprégase este recurso para inserir contido no curso virtual, xa sexa texto, imaxes, vídeo, sitios web, obxectos dixitais multimedia... Ao premer sobre a súa ligazón ábrese unha xanela emerxente co seu contido.
É útil para incorporar cantidades relativamente pequenas de texto ou recursos multimedia. Inserir vídeos, presentacións... directamente no curso virtual mediante unha "Etiqueta" non é recomendable pois saturaríamos o curso moi pronto. É preferible inserir eses recursos multimedia mediante unha páxina web que se abrirá e mostrará ese recurso cando premamos enriba da ligazón da páxina web.
Exemplo de páxina
Exemplo de configuración de páxina
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0