6.1 - Completado da actividade
Moodle permite configurar uns checks nos que aparecerán marcadas as tarefas completadas na parte dereita do curso. Podemos configurar "caixas de verificación" de 2 tipos:
- Márcanse automáticamente cando se cumpran as condicións que elixamos. Trazo discontínuo.
- Os participantes poden marcar/desmarcar manualmente. Trazo contínuo.
Para poder configuralo deberemos seguir os seguintes pasos:
1. Activar o Seguimento na Configuración xeral do curso: Editar a configuración > Seguimento de completado
Seguimento do completado
2. Configurar os items (tarefas, cuestionarios, contidos...) que van ter a caixa de verificación de completado.
Como configurar o completado nunha tarefa (manual)
A configuración da imaxe anterior inserirá unha caixa de verificación sólida que se marcará/desmarcará manualmente cando o participante queira.
Como configurar o completado nunha tarefa (automático)
A configuración da imaxe anterior inserirá unha caixa de verificación que se marcará automáticamente cando o participante satisfaga a/s condición/s sinaladas.
Exemplo cos dous tipos de completado da actividade activos
Escriba su contenido...
A configuración pode variar lixeiramente dependendo do recurso ou actividade.
Durante o desenvolvemento do curso podemos consultar o informe do seguimento para saber como van os participantes seguindo as indicacións:
Acceder ao informe de seguimento: Completado da actividade
Establecer filtros para o completado da actividade.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0