2.4 - Liga ficheiros
Este recurso ten moita utilidade nun curso virtual debido á facilidade con que se poden poñer ao alcance do alumnado ou dos participantes no curso virtual ficheiro de todo tipo.
É doado almacenar todo tipo de arquivos nun curso virtual para gardalo e tamén para facilitar, entregar, transmitir... aos participantes.
Aínda que calquera arquivo en formato dixital, independentemente do tipo que sexa (.pdf, .doc, .odt, .ppt, .mp3, .swf, .flv, .mp4, .jpg., png, .gif...) pode incorporarse a un curso virtual procuraremos incorporar os arquivos en paquetes de contidos evitando así ligados na portada do curso.
O tratamento que deben recibir estes arquivos é similar ao xa visto para as imaxes:
- Subir o arquivo á aula virtual e despois ligalo no curso virtual.
- Localizar o arquivo en Internet, copiar a súa URL e despois ligalo no curso virtual.
Nun curso virtual temos cando menos dous xeitos de facer esa ligazón:
- Utilizar o recurso: "Ficheiro" para ligar o arquivo. Neste caso o arquivo pdf, textos, flash, son, podcast... aparecen coma unha ligazón cunha pequena icona á sua esquerda, que varía segundo o tipo de arquivo.
- Usar un texto ou unha imaxe para crear a ligazón ao arquivo: ao premer nel abrirase nunha nova pestana ou xanela.
Neste apartado veremos como inserir un ficheiro:
Exemplo de visionado no curso
Configuración da opción "Ficheiro"
Xestión de ficheiros
A xestión de ficheiros farémola dende cada recurso ou actividade e engadimos os arquivos a estas actividades ou recursos utilizando o "Selector de ficheiros" que vimos no punto anterior. Sen embargo, existen outras formas de subir ficheiros á aula virtual cando estamos no apartado "axustes" da actividade "Ficheiro":
Subir ficheiros de forma alternativa
Como podes ver, existen varios repositorios. Os máis relevantes serían os 4 primeiros, indicados de cor azul.
- Ficheiros do servidor: refírese aos ficheiros presentes na ruta do curso.
- Ficheiros recentes: referido aos últimos 30 ficheiros subidos.
- Enviar un ficheiro: mesma funcionalidade que arrastrar o arquivo á caixa de texto. Selecciona un ficheiro local para subir.
- Descargador URL: descarga e logo sube ao servidor un arquivo desde unha URL.
- Ficheiros privados: ficheiros subidos ao teu perfil de usuario.
- Wikimedia: buscador de arquivos presentes no repositorio wikimedia.
- MBZ: copias de seguridade do Moodle.
- Repositorio: banco de recursos propio de Platega (desuso)
- Banco de contidos: banco de contidos do curso específico a editar.
Tamén podes clickar nun ficheiro xa subido para modificar as súas propiedades: ao acceder aos axustes dun "Recurso ou Actividade" que posúe un ou máis ficheiros, no apartado "Contido", poderán xestionarse os devanditos ficheiros pulsando sobre icona correspondente. Se se agrega un novo ficheiro co mesmo nome dun existente, poderase sobreescribir ou crear un novo con outro nome. Ademáis podemos escoller cal será o arquivo principal, de xeito que cando alguén o seleccione no curso será ese ficheiro o que abra e non o resto dos ficheiros da lista.
Menú de xestión do arquivo
Alternativamente, aínda que non é recomendable, podemos engadilos directamente dende a opción meus ficheiros privados dentro do noso perfil, aínda que non é recomendable.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0