O CIFP Carlos Oroza de Pontevedra acolle o 28 de febreiro de 2018 o 3º Encontro Internacional de Formación Profesional de Galicia, Asturias, Castela e León, e Portugal, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Esta iniciativa representa un claro reforzo ao aproveitamento de sinerxías que xa supón a Rede Galega de Formación Profesional de hostalaría, a través da transferencia de coñecemento dos centros educativos ás empresas, o intercambio de experiencias profesionais e a posibilidade de abrir novos proxectos de innovación en colaboración con outros sistemas educativos de fóra da nosa comunidade.
Este 3º Encontro está dedicado á "Innovación e novas tendencias en sala", co obxectivo claro de promover a innovación no servizo e na atención ao cliente.