A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participa no 21º Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca 2017, que se celebra entre o 8 e o 11 de xuño no pavillón 1 do Salón Internacional de Galicia en Silleda.
A FP dual na empresa
Como en edicións anteriores de Salimat Abanca, a formación profesional galega contará cunha zona dedicada á difusión das súas ensinanzas e na que terá especial importancia a formación profesional dual, con información sobre todas as cuestións de interese sobre a mesma, especialmente sobre os proxectos de FP dual que se iniciarán o próximo curso.
Ademais, estará dispoñible un espazo de realidade virtual con gafas 3D coas que os asistentes poderán achegarse a coñecer as aulas máis modernas da FP en Galicia.
Actividades dos centros galegos de FP no Salimat Abanca 2017
Varios centros galegos das familias de Hostalaría e Turismo e Industrias Alimentarias realizarán actividades demostrativas e ofrecerán degustacións de produtos onde se mostren servizos e produtos innovadores que se están a realizar nos centros educativos de Formación Profesional de Galicia.
Como apoio ao persoal da Consellería e aos distintos centros participantes no Salimat 2017, contarase coa colaboración do profesorado e alumnado do CS Xestión de venda e espazos comercias do IES Pintor Colmeiro de Silleda.
Día | Centro | Actividade |
Xoves 8 de xuño | CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) | Catro masterclass, previstas para as 11:00, 13:00, 17:00 e 19:00h, sobre os usos da camelia |
Venres 9 de xuño | CIFP Compostela | Presentación do seu proxecto "Produtos cárnicos gourmet", con degustacións ao longo do día |
Sábado 10 de xuño | IES Fraga do Eume (Pontedeume) | Cócteles sen alcohol, batidos e espetadas de froita para degustación dos visitantes |
Sábado 10 de xuño | IES de Vilamarín (Ourense) | Charla demostrativa sobre o aproveitamento gastronómico da estruga |
Domingo 11 de xuño | CIFP Coroso (Ribeira) | Presentación do proxecto "Colleitadores" |