Durante os próximos meses (Maio, Xuño e Xullo de 2013) aplicarase a actualización de dúas das aplicacións de Webs Dinámicas: Drupal e Moodle. No primeiro caso pasaremos da versión 5.23 á versión 6.30, no segundo caso pasaremos da versión 1.8.5 á versión 1.919+.
Os obxectivos destas actualizacións son:
-
Obter novas funcionalidades do software.
-
Obter novas características de seguridade.
-
Avanzar un paso no proceso evolutivo destas aplicacións coa meta de alcanzar as últimas versións das mesmas (Drupal 7 e Moodle 2.5 neste momento) e así obter todas as súas funcionalidades e características de seguridade.
Este procedemento será aplicado aos centros de un en un. Cada centro será avisado con antelación das datas nas que se realizará a súa actualización. Durante o proceso, a Web Dinámica do centro non estará dispoñible. En principio farase nun periodo de dous días, pero na maioría dos casos bastará cun solo.
Finalizado o proceso de actualización, e posible que o administrador da Web Dinámica no centro teña que realizar as seguintes tarefas adicionais, para o que pode contar coa axuda do seu asesor Abalar de zona:
Tarefas adicionais para Drupal:
-
Conversión de vistas, da versión Views 1 á versión Views 2. Esto será preciso facelo no caso de que o centro utilice vistas personalizadas. O administrador deberá ir ao formulario de configuración de vistas en Administrar >> Construcción da páxina >> Vistas >> Pestaña Ferramentas >> Enlace Convertir, e ir pinchando no enlace Convertir de cada vista e logo no botón Gardar cando se abre o formulario de edición da vista. O módulo de vistas non garante que esta conversión deixe a vista exactamente igual que estaba na versión Views 1, polo que pode ser preciso retocala.
-
Selección dun novo tema por defecto no caso de que o que se tivera antes non estea dispoñible na nova instalación de Drupal 6. Neste caso o proceso de actualización deixa por defecto o tema Garland coa mesma configuración de bloques que se tiña no tema orixinal.
-
Selección e configuración de temas en función da ruta accedida. No caso de que se estivera utilizando o módulo taxonomy_theme de Drupal 5, o proceso de actualización fai unha conversión da configuración existente nunha nova configuración do módulo themekey, que é o que fai o mesmo traballo en Drupal 6. O problema está en que parte dos temas instalados en Drupal 5 non están agora instalados en Drupal 6. O que fai o proceso de conversión desta configuración e susbtituir os temas non instalados en Drupal 6 polo tema por defecto que se tiña en Drupal 5 (no caso de estar instalado en Drupal 6) ou senón polo tema Garland. Así o administrador deberá revisar a configuración do módulo themekey e facer unha nova selección e configuración de tema nos casos que o considere oportuno.
-
Aos usuarios de Drupal que tiveran seleccionado un tema particular a nivel de usuario que non estea instalado en Drupal 6, se lle borra esta selección, polo que se lle aplicará o tema por defecto. Poderán elexir un novo tema se o desexan.
-
O criterio de selección de temas a instalar en Drupal 6 foi o de coller os temas máis utilizados sempre que estivesen dispoñibles para drupal 6. No ficheiro adxunto pode ver o cambio no conxunto de temas instalados.
-
Os centros que estaban a utilizar en Drupal 5 un tema personalizado para o seu centro, terán dúas opcións: utilizar un tema dos instalados tal como está (opción recomendada); ou ben descargar o tema desexado para Drupal 6, personalizalo e solicitar a súa instalación envíandoo a websdinamicas@edu.xunta.es. O persoal responsable do proxecto Webs Dinámicas valorará a conveniencia e necesidade de instalar o tema personalizado.
Tarefas adicionais para Moodle:
- Selección dun novo tema. No caso de que o tema utilizado na versión anterior de Moodle non estea instalado na nova versión, o proceso de actualización o cambia polo tema standardwhite. O administrador da aula virtual poderá selecionar outro distinto se o desexa.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
temas_d5_d6.pdf | 32.34 KB |