Ola a todos.
Non atopei polo foro a ninguén que lle pase o mesmo, debemos de ser un pouco raros.
O caso é que na nosa web publicamos pdfs, videos e formularios utilizando o sistema de embebelos. Desactivamos o texto enriquecido e pegamos o código correspondente entre as etiquetas <iframe></iframe>. Todo funciona correctamente pero, cando posteriormente intentamos editar o artículo por calquera motivo, atopámonos con que desaparece todo o que está entre esas dúas etiquetas (etiquetas incluídas), o resto do código html se conserva, é decir que desaparece o ficheiro embebido pero se conserva o resto da páxina (texto, táboas, imaxes, etc...)
Supoño que será un problema de módulos ou de permisos pero non son quen de solucionalo.
Problema co módulo
Ola.
Non sodes nada raros ;-) xa que este problema lle acontece a todos. Trátase dun problema do módulo de edición do texto enriquecido que provoca precisamente o que describides, ao volver para editar desaparece parte do código e o "embebido" deixa de funcionar.
Esperamos que para a vindeira actualización que desexamos realizar nos meses seguintes se teña solucionado este problema.
De momento solo vos podo ofrecer unha solución de emerxencia: subir un ficheiro de texto (txt) adxunto co código embebido sen que apareza listado. Así os usuarios non verán este ficheiro pero si necesitamos volver a editar o contido o teremos a man.
Un saúdo.
iframe / Disable rich-text
Co editor HTML (pinchando no icono) non é posible insertar código que vaia entre etiquetas iframe. É necesario utilizar "Disable rich-text".