Skip to Content

Bloque de navegación específico para alumnado

Ola de novo.

Quero que no bloque de navegación para o rol alumnado non apareza máis que "pechar sesión". Xa mirei de desactivar os módulos correspondentes á creración de contidos e demais nos roles de alumnado e autenticated user, pero nada.

Como teño desactivados os create nos permisos de taxonomía, non poden escoller onde publicar, co cal se a algún se lle da por ahí vai encher a páxina de nodos sen categorizar.

A ver se me dades unha solución

Un saúdo desde Vigo

Desactivar permisos en Control de acceso

Si o que desexades é que non poidan crear contidos habería que desactivar os permisos na opción de Control de acceso (Administrar > Mantemento de usuarios > Control de acceso) na sección de "node módulo" para o rol de alumnado, deixando únicamente o permiso de "Acceder ó contido".

Un saúdo.



forum | by Dr. Radut