Skip to Content

Creación de contidos.

Dende hai algunhas semanas non consigo crear ningún tipo de contido. Entro como administrador, poño o título da páxina, por exemplo, escribo o texto, pero cando fago clic nalgunha das opcións(engadir anexos, opcións de publicación, etc) vólveme ao principio e non consigo engadir nada. Se lle dou a publicar, pásame o mesmo. Que puido pasar? Graciñas por adiantado.

Contido de tipo páxina creado

Ola.

Acabo de facer unha proba creando un novo contido de tipo Páxina no voso centro (http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdalaxe/) e non se observa problema algún.

O contido creado é o seguinte: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdalaxe/proba

En canto o estimedes oportuno sería recomendable borralo, xa que solo é unha proba.

De todos xeitos, se seguides con ese problema debedes de poñervos en contacto co voso asesor de zona para que lle de un vistazo detallado ao problema.

Sen solucionar

Sigo tendo exactamente o mesmo problema. A páxina, artigo, etc, si mo publica pero non me deixa ningunha opción(engadir anexos, etc). Quería publica un calendario escolar en Secretaría, en formato PDF e non podo inserilo.

     Por certo, descoñecía que agora houbese responsables de zona aos que se puidesen consultar estes problemas ou que puidesen vir polos centros, como había antes. Se é así agradecería que me mandasedes un teléfono, email, etc. da comarca do Morrazo. Grazas

Solucionado

Revisar o estado do bloqueador de ventanas emerxentes do navegador (internet explorer). Se está activado, non se abrirán as ventanas emerxentes ás que se fan referencia no fío. (Outra opción é activalo e configurar unha excepción para as páxinas do tipo *edu.xunta.es).

Asesoramento

O caso xa está comunicado ao asesor. En breve porase en contacto con vós.

Un saúdo.



forum | by Dr. Radut